Saltar ao contido

UNHA VICTORIA CON DOBRE SABOR

O Fisioterapia Benestar ía ata terras pontevedresas a disputalo  último partido da primeira fase da Liga de Prata.

Os equipos que se desplazan á Cañiza ,saben que non é un campo fácil e sempre se vai coa incógnita do que alí vai acontecer.

Desta vez, a visita das cullerdenses, tivo unha dobre celebración: rematala última xornada gañando o encontro e celebrala clasificación a segunda rolda , xa que consegue rematar nas primeiras cinco posicións.

Unha segunda parte emocionante.Logo de ir a maior parte por detrás do encontró, chegaba a última parte do encontró, cando a loita polos dous puntos do equipo visitante comezou  a coller alas.

Os dous equipos xa non se xogaban nada, xa que estaban clasificados para a seguinte fase pero, aínda así, o Fisioterapia Benestar ,quería rematalo último encontro cunha victoria e por iso loitou ata o asubio final e obtendo a súa recompensa.

O Cañiza complicou o plantexamento do encontro as cullerdenses, poñendo dúas mixtas na primeira línea e así ata o remate do encontro. Fixo falta un tempo morto para plantexalo ataque. A pesar de que en partes do encontro o Cañiza obtiña ventaxas que lle podían dar tranquilidade, o Culleredo non baixaba a garda e pelexaba cada balón.

Solventou as mixtas con ataques e desmarques individuais e buscando os 7m.

Defensivamente, o Culleredo, recuperou balóns importantes nos últimos 5min moi valiosos, cos que conseguía unha mínima ventaxa que motivaba as rapazas para non deixalo marcador axustado.

Unha victoria moi traballada ,coa aportación de tódalas xogadoras convocadas e en especial o gardametas Marc Barbeito ,que coas súas intervencións en minutos claves, impulsaban a empurralo equipo cara a victoria .

Agora toca unhas xornadas de descanso mentras non remata a primeira fase do grupo 2 da Liga de Prata.

A segunda fase estará composta polos 5 primeiros clasificados de ámbolos dous grupos que loitarán pola clasificación os play off da Liga de Prata.

SERFIS CAIXABANK BM CAÑIZA 18 (10+8): Zaira Castro Rodriguez , Eva Dominguez Rodriguez , Eire Gonzalez Domingez (1), Daniela Carrera Rivas (5), Nohara Vazquez Fernandez, Zaira Fernandez Lopez ,Maria Giraldez Piña ,Carla Miguelez Lago (1), Lola Rodriguez Riveiro (1), Aroa Alvarez Rey (3), Marola Perez-Labaca Rocha , Aline Carmen Rana Vargas E Silva (7), Karla Rodriguez Dominguez

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 22 (8+14): Carla Muiño Cancela (4), Lucia Ines Cortegoso Rey , Carla Corral Quian (3), Aroa Barbeito Casas , Maria Bescansa Alcoba (10), Leire Barbeito Casas , Paula Peteiro Vazquez (1), Lua Fernandez Nuñez (1), Valentina Martinez Fiuza (2), Aroa Garcia Pena (1), Sara Fraga Fraga

Parcial Cada 5 Minutos:2-1/4-3/7-4/8-6/9-7/10-8 Descanso 13-11/15-11/16-13/16-16/16-19/18-22 Final

Colexiados : Alfonso Canitrot Gomez. Excluiu dous minutos a Lola Rodriguez Riveiro e Aroa Alvarez Rey polo equipo local e catro minutos a Aroa Garcia e Carla Corral.

Incidencias: 10ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal da cañiza.Con 40 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

CORETI LALÍN - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL -28-12

BALONMANO PORRIÑO "B" - ASMUBAL MEAÑO 15-32

COOLSPORT BM PABELLÓN - BM AROUSA 35-9

PORTALTEC BM CASELAS - A RETORAL BM MOAÑA 27-29

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *