Saltar ao contido

O XM ‘ÓpticaGallaecia’ mantense invicto unha xornada máis.

O fin de semana pasado, o XM de liga prata 'ÓpticaGallaecia', tocáballe desprazarse fora para unha xornada máis, esta vez viaxaban a Narón. Os nosos, sabendo cal era o obxectivo deste novo encontro, comezaron enchufados e puideron pechalo partido antes do seu remate.

Este grupo xuvenil do Culle, proclamouse xa campión desta primeira fase fai dous partidos, e a falta de dous encontros máis para pechar esta primeira fase, os nosos teñen coma obxectivo acadar este título sendo invictos e conseguindo a totalidade dos puntos na táboa clasificatoria. E non van mal encamiñados estes rapaces, que un fin de semana máis recollen os frutos do traballo e o bo facer de todo o percorrido xa.

O partido non tivo moita trascendencia, os nosos foron quen de poñerse por riba dos de Narón durante todo o encontro, ben é certo que houbo momentos de maior e menos lucidez no 40x20, pero nunca perdeuse a intensidade e a concentración para acadar os dous puntos. Xa no remate da primeira metade os nosos obtiñan unha diferenza de 9-18.

A tónica do encontro foi moi semellante durante os sesenta minutos, destacando o bo facer defensivo dos de culle, xerábamos moitas dudas no ataque rival que nos servía para recuperar balón e xogar o ataque con calma e paciencia. Pouco a pouco íamos afastándonos máis no marcador ata conseguir 10 tantos de renda que nos acompañarían ata o final.

Noraboa a estos xuvenís que seguen a ilusionar. O seguinte encontro será o domingo que ven en Almeiras, esta vez toca recibir ao Bm Viveiro. Imos a por outros dous puntiños!!!!!

FORZA ÓPTICA, FORZA CULLE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Bm Narón 22-33 Bm Culleredo ÓpticaGallaecia

GOLES:

Bm Narón (9+13): Ignacio Lafuente, Daniel Lamas 2, Jorge David, Mario Casal 5, Manel Franco, Oscar Rguez 2, Pablo Lage 3, Izan Clemente, Lucas Freire 4, Pablo Gómez 1, Martín Ferreño 2, Mateo Sabio, Jorge Catalán 3.

Bm Culleredo (22+11): Adrián Pestonit 2, Lucas 3, Diego Sala 4, Aarón 3, Bruno Pardo 1, Javi Ansede, Atalo 2, Nico Vázquez 5, Xoel 1, Felix Noya, Antón 2, Álvaro Siso 5, Diego del Río 3, Juanfran 2.

PARCIÁIS:

4-1/ 7-3/ 11-5/ 15-7/ 19-10/ 24-11/ descanso/ 24-12/ 28-15/ 30-17/ 35-18/ 40-22/ 44-25/ final.

ARBITRAXE:

Enrique Folgoso e Rubén Iglesias.

INCIDENCIAS:

Xornada 12 de liga prata desputada en Narón ante numerosos siareiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *