Saltar ao contido

Victoria aplastante do CM GalaicoCaravaning.

Este sábado no pavillón de Almeiras, o noso grupo cadete masculino de liga prata, 'Galaico Caravaning', desputaba a novena xornada ligueira ante os santiagueses do Bm Ribadosar.

Na ida, o envite entre ambos conxuntos foi moi igualado, acadando a victoria os de Santiago pola mínima, polo que este novo encontro amosaría moita rivalidade e intensidade. Nada máis lonxe da realidade, os nosos tiñan claro cal era o seu papel nesta xornada, e logo de non puntuar na difícil pista do Bm Atlántico a pasada xornada, tiñan claro que estes dous puntos que estaban en xogo, tiñan que quedar na casa e así seguir mantendo tamén a boa dinámica e o bo xogo amosado.

Na primeira metade o electrónico xa amosaba diferenzas entre os dous equipos, indo por diante todo momento os cullerdenses. Tan só fixeron falta quince minutos para obter un parcial de 15-7 e coller boas sensacións que nos acompañarían todo o encontro.

A tónica xeral do partido pasou por defender con moita intensidade e con moita organización, puidendo facer así gala de novo, do modelo de xogo que traballamos en ataque. O culle que non perdeu a concentración en todo o encontro, puido pechar o porvenir do partido na metade dos segundos trinta minutos.

Noraboa a todos os integrantes deste grupo cadete, así coma os seus delegados que fan unha labor de dez. Seguimos sumando, rapaces, seguinte destino: Carballo. De seguro será unha proba máis para os nosos onde irán con todas as forzas!

FORZA CARAVANING! FORZA CULLE!!

BmCulleredo Galaico Caravaning 44-25 BmRibadosar

GOLES:

Culle (24+20): Hugo Díaz, Roi Mourón, Mateo Pérez 1, Anxo 3, Teo 6, Jaime 5, Hugo Rodríguez 10, Gael 1, Félix 4, Nico Díaz 1, Roi Fdez 5, Alex Tajes 1, Xoan Bello 2, Jairo 4, Victor Laya 1, Mateo Negreira.

Ribadosar ( 11+14): Airas Xunca 6, Alex Graña 2, Gabriel Torea 5, Mateo Mosquera 1, Erik Molina, Pedro Sarrapio 4, Brais Ledo, Zoltan Endre, Xulián Díaz 1, Gonzalo Durán 1, Daniel Campo 5.

PARCIAIS CADA 5':

4-1/ 7-3/ 11-5/ 15-7/ 19-10/ 24-11/ desc./ 24-12/ 28-15/ 35-18/ 40-22/ 44-25/ final.

ARBITRAXE:

Iván Alfonso.

INCIDENCIAS:

Novena xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras con gran entrada de siareiros do Culle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *