Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSEGUE UNHA VITORIA VITAL E DE PRESTIXIO

Acudía o BM.Culleredo a Vigo para enfrontarse ao Seis Do Nadal, un conxunto que ocupaba a segunda posición da táboa e que ata a pasada semana lideraba a mesma. Era unha xornada na que, coas apreturas evidentes no máis alto da clasificación (catro equipos separados por tan só un punto), os enfrontamentos entre Poio e Porriño e o mencionado entre cullerdenses e olívicos, erixíanse como duelos importantes de fronte ao futuro. Neste contexto, o BM.Culleredo chegaba co obxectivo de conseguir unha vitoria que lle catapultase a un dos dous primeiros postos da clasificación.

O comezo dos de Culleredo non foi bo. O seu rival adiantábase cun 4-1 de parcial nos primeiros 5´e o xogo dos coruñeses non se estaba mostrando acorde ao modelo e ao plan de partido. Tivo que solicitar enseguida o seu primeiro tempo morto o técnico visitante para reconducir a situación e as instrucións pronto deron o seu efecto, reducindo á mínima expresión os algarismos cando pasabamos polo minuto 10 (6-5). O primeiro labor conseguíuse, pero o bloque defensivo e o ataque posicional, continuaba sen funcionar como debía, alternando altibaixos que favorecían aos locais, moito máis asentados no 40x20 e cunha maior regularidade no xogo, especialmente no 2x2 entre a primeira liña e o pivote. Foi paciente o BM.Culleredo neste momento do envite, aos poucos atopando a fortaleza no colectivo, moito máis colaboradora a retagarda e mostrando un xogo combinativo e de conxunto co que conseguiría darlle a volta ao marcador para marchar aos vestiarios no tempo de descanso dominando por un valioso 14-15.

Os de Culleredo xa non cederían a vantaxe adquirida, tiveron que loitar nunha segunda parte repleta de tensión cun conxunto local necesitado dos dous puntos e con multitude de posibilidades no seu cadro de persoal para plantar cara a calquera conxunto da categoría. Pero o BM.Culleredo continuaba crecendo no seu xogo e coa súa defensa moito máis  intensa e no posicional exhibindo os seus mellores momentos, o equipo chegaría ao seu teito nos últimos dez minutos de partido, xusto cando cando este demandaba minimizar os erros e aumentar a eficacia. Os cullerdenses foron capaces de xestionar mellor que o seu rival estes últimos instantes e polo tanto, conseguir os dous puntos en xogo que lles relanza á segunda praza a tan só un punto do líder, o BM.Porriño.

Magope Seis Do Nadal: 30(14+16). Santiago Iglesias, Marcos Domínguez (2), Iago López (1), Xabier Reveriano Soutullo (1), Andrea Marie, Adrián Leirós (6), Pablo Orge (1), Gerard Conill, Bruno Cela (2), Álvaro Cameselle (2), Xoán Otero (5), Guillermo Rial (6), David Rial, Samuel Couto, Jorge Gayo (4).

BM. Culleredo : 37(16+21). Oscar Bello (P), Víctor Vigo (p), Alberto Catoria (2), Martín ínsua, Miguel Casal (5), Iago Franco (3), Marco García (3), Marcos Vázquez (7), Daniel De Salvador (4), Iago Ferreiro (2), Carlos Costa (5), Diego Gago (1), Mario Crecente, Darío Pérez, Adrián Rodríguez (2).

Parciais cada 5´: 4-1 / 6-5 / 8-6 / 12-9 / 12-11 / 14-15 / Descanso / 21-22 / 22-23 / 25-26 / 27-28 / 28-30 / 30-34 / Final.

Colexiadas: Leyre Fdez e Andrea Martínez.

Incidencias: Primeiro encontro da segunda volta na Liga regular en 1ª autonómica, categoría senior masculino. Partido disputado nun municipal de Coia cas bancadas cheas de siareiros que puideron disfrutar dun dos mellores encontros da categoría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *