Saltar ao contido

VITORIA CONVINCENTE DO BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR EN CAMARIÑAS.

O BM.Culleredo Remax Riazor, conseguíu unha importante vitoria en Camariñas despois dunha primeira parte moi seria e completa por parte de todos os xogadores.

O inicio non puido ser mellor, cos de Culleredo magnificamente apostados na súa defensa 6:0 e obtendo gran rendibilidade das transicións defensa ataque. O técnico visitante víase na obriga de solicitar o seu primeiro tempo morto cando os cullerdenses xa dominaban o envite por 1-5 transcorridos 5´, pero a intención de recompoñer aos seus xogadores non tería efecto, xa que o BM.Culleredo Remax Riazor seguiría impoñendo un ritmo alto para dominar ao descanso por un marcador que achandaba o camiño cara á vitoria final (10-21).

Aínda que o ritmo dos visitantes baixaría no segundo acto, a vitoria nunca se vería en perigo e o BM.Culleredo xogaba comodamente en base á diferenza que reflectía o electrónico. Os cullerdenses controlarían en todo momento o encontro ata conseguir eses dous importantes puntos por un resultado final de 25-39.

BM.Camariñas: 25 (10+15)

BM. Culleredo Remax Riazor : 39 (21+18). Rubén Gantes (p), Adrián López (p), Fabián Manzo (1), Iago Allegue (3), Iago Vázquez (4), Álvaro Siso (8), Jorge Outón (3), Nicolás Arias (4), Diego Piñeiro, Pablo Ares (1), Lucas López (4), Bruno Pardo (9), Matías Teixeiro (2), Mario Sánchez (1).

Parciais cada 5´: 1-5 / 2-7 / 5-12 / 6-14 / 9-20 / 10-21 / Descanso / 12-24 / 14-26 / 17-28 / 23-33 / 24-35 / 25-39 / Final.

Colexiado: Pablo Barreiro.

Incidencias: Encontro da 9ª xornada na Liga Prata (Grupo 1) en categoría cadete masculinoCopa Federación en categoría senior masculino. Partido disputado no pavillón Víctor Vigo de Camariñas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *