Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND, INICIA A SEGUNDO VOLTA DO CAMPIONATO CON AUTORIDADE

O BM.Culleredo Sweepend, iniciou a segundo volta do campionato de liga oro en categoría cadete mostrando unha superioridade evidente e unha autoridade sobre o 40x20 da bombonera, en Redondela. O bo facer dos de Culleredo, levoulles a asinar a súa décima vitoria noutros tantos encontros e despois da derrota do Cisne Colegio Los Sauces esta mesma fin de semana, dominan xa a clasificación no máis alto da táboa con catro puntos de diferencia con respecto os seus riváis.
Fronte á SAR de Redondela, os cullerdenses saíron ao envite con seriedade e ambición para ampliar a vantaxe cos perseguidores anteriormente mencionados e desde os primeiros instantes non deron opción algunha ao conxunto local. Cun parcial de 3-12 no meridiano do primeiro acto e un 10-23 ao termo dos primeiros trinta minutos, o BM.Culleredo Sweepend deixaba visto para sentenza un encontro que xa non tería máis historia e que no seu segundo tempo, perdería toda a emoción posible ante a manifesta superioridade dos rojillos e a diferenza que reflectía o electrónico e que iría en aumento ata ese 18-49 final. Os mozos de Culleredo, mostraron unha defensa fiable e contundente e unha velocidade no xogo que pronto desarbolou ao conxunto choqueiro.

SAR: 18 (10 + 8). Miguel Vidal (1), Javier Ponte, Adolfo Fdez (5), Pedro Ferreras, Román Lago (3), Michael Iglesias, Guillermo Lago (6), Iker Grandal, Manuel Vilas (3), Breogán Faginas, Guillermo Cal.

BM. Culleredo Sweepend: 49 (23 + 26). Marco González (P), Hugo Díaz (p), Jorge Outón (2), Iago Vázquez (5), Jaime Serrano (1), Aarón Blanco (2), Atalo Bello (4), Adrián Veira (6), Iván Sánchez (5), Antón Pérez (5), Samuel Seijas (3), Josemi Martínez (6), Nicolás Casal (3), Alejo Martínez (6), Anxo Negreira (1).

Colexiados: Luis Fdez e Soraya Abelenda.

Incidencias: Primeiro encontro da segunda volta na Liga Ouro da categoría cadete masculino, disputado na Bombonera de Redondela cas bancadas cheas de siareiros e bo ambiente de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *