Saltar ao contido

O TRABALLO MARCA O CAMIÑO

O Nosolomadera viaxaba a xogar contra a Sar de Redondela , último clasificado desta liga Ouro infantil masculino . Comezaba o encontro moi igualado onde o equipo local conseguia goles dende os extremos e os nosos ainda non estaban equilibrados no partido, indecisións e erros defensivos por non estar concentrados no traballo defensivo neste caso da 5:1 . Co paso dos minutos o organizacion defensiva foise axustando e xa no minuto 12 da primeira parte o Nosolomadera conseguia un bó parcial que alexaba no marcador a o equipo local cun 5-12 . Na fase ofensiva o equipo inciaba un pouco parado o individualmente , pero o balón era capaz de circular e chegar os extremos que estiveron un pouco irregular a hora de lanzar pero coa boa predisposición .

No descanso 6-17 no electrónico.

Na segunda metade o equipo seguiu funcionando a máis , xa coa 5:1 ben axustada ainda que con erros, o grupo era quen de interceptar balóns ou provocar erros no ataque do equipo de Redondela. Coa defensa axustandose co paso dos minutos reflexando moitos contrataques, o Nosolomadera buscou un pouco máis de orden en ataque e Adrián Aneiros e Xoán Seoane estiveron moi acertados no xogo colectivo, ofrencendo transformacións de lateral o central que provocaban erros na defensa local . Destacar no tramo final de partido a Hugo Bregua no lateral dereirto que pese a que non está habituado a xogar nese posto , tivo unha boa presencia positiva neste ultimo treito final do encontro.

Quizáis o principio do encontro non foi o mellor posible pero o equipo logo estivo a altura para poder impoñer o ritmo de xogo , espermos continuar con esta dinámica para asi poder afrontar un dos partidos máis compricados da tempada , o encontro contra o Cangas determinará o camiño a seguir esta tempada.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL: 19-43

SAR REDONDELA(6+13): Martin Barrio, Anxo Figueroa (5), Jose Ramón González(5),Javier Ponte, Enzo Amoedo, Mateo Couñago, Daniel Rafael, Jose Amoedo(5),Gael Castro, Iker Grandal (2), Pablo González(2),

BM CULLEREDO NOSLOMADERA(17+26): Hugo Garcia, Jorge Amor, Hugo Bregua (4), Adrián Aneiros(5), Xoán Canedo(11), Xoán Seoane (2), Alexis Martinez(3),Jairo Candamio (10), Teo Gómez(5), Hugo Bermúdez (3), Diego Rodriguez.

PARCIALES CADA 5`:2-1/3-3/5-7/6-17/9-21/10-29/12-34/14-38/19-43

ÁRBITROS: Soraya Abelenda, Luis Fernández.

INCIDENCIAS: Xornada 10 da liga de Ouro infantil masculina , disputada no pavillóm municipal de Redondela A Bombonera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *