Saltar ao contido

SEGUE O APRENDIZAXE PESE A DERROTA EN CANGAS

O Abogacía Canosa viaxaba a unha das pistas máis compricadas da competición , o Gatañal onde xoga o balonmán Cangas . Un partido que a priori o Cangas tiña que ser superior e asi foi dende o primeiro minuto. As nosas sairon cunha boa predisposición para afrontar o encontro ainda asi o Cangas era quen de superar con continuidades a defensa 3:3 das cullerendenses isto e pasividade do ataque cullerdense nos primeiros compases , fixo que as canguesas foranse moi rápido no marcador e xa nos primeiros 10 minutos o resultado fora de 2-8 , resultado que ampliariase co pasos dos minutos pese que o xogo do Abogacia Canosa ia mellorando tanto na fase defensiva provocando erros de pases e interceptacións e na fase ofensiva o equipo empezabase a mover grazas a desmarques sen balón e accións de pase e vai.

No descanso 19-9 para o equipo local .

Na segunda metade o Abogacia Canosa saiu moito máis ordenado sobre todo na fase defensiva, pese que o Cangas era moi superiori individualmente e colectivamente as rapazas cullerdenses eran capaces de seguir provocando erros e estar moi atentas nas axudas defensivas .Isto reflexouse no marcador xa que na segunda metade o equipo recibiu menos goles que na primeira, un pequeno obxetivo conseguido que agranda o esforzo e compromiso do grupo. Na fase ofensiva comandada por Irene Rodriguez o equipo era capaz de conseguir goles con boas conexións coa pivote Antia Ferreño, tamén acerto neste caso de Maria Otero tamén conseguia conectar coa pivote e acabar con boas sensacións o partido .

Bo partido e sobretodo dando a cara nel das nosas infantis que pese a derrota o equipo segue nun aprendizaxe bó , destacar tamén a Thais Villaverde que foi a primeira en soltarse neste partido , e intentar provocar boas acción de xogo en ataque .

O traballo segue pola semana para poder conseguir unha mellora que tanto queren estas rapazas .Por outro lado esperamos recuperar a todas as xogadoras para os próximos partidos e poder demostrar a evolución colectiva deste grupo .

Forza Culle.

RESULTADO FINAL 36-22

Tecnosat BM Cangas (19+17): Alba Gestido , Nadia Perez (3), Ana Cancela (8), Leire Brun(6),Carmen Nogueira(1),Emma Rial (6),Ana Costas (1), Alba del Valle(7), Franelis Esther(1), Celia Jimenez(1), Elena Barreiro(2), Susana Soliño.

Abogacía Canosa BM Culleredo(9+13): Sara Fernandez, Lucia Lopez(1),Alicia Perez(2),Thais Villaverde(1), Aldara Piñeiro,Maria Otero(1), Antia Ferreño (4), Irene Rodriguez (13), Alba Fernández.

PARCIALES CADA 5`: 4-1/8-2/12-4/17--6/19-9/23-10/18-13/32-16/34-19/36-22

ÀRBITROS: Abel Juncal , Luis Fernández.

INCIDENCIAS: Xornada 10 da liga de Ouro femenina , disputado no pavillón O Gatañal en Cangas , Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *