Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada pragada de bos partidos, con enfrontamentos entre rivais directos na clasificación e con partidos de alta intensidade que prometen dar espectáculo. Ademáis volve a xornada de minibalonmán este sábado a Tarrío, nunha mañá chea de partidos dos/as máis pequenos/as!

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO

Afrontarán esta fin de semana as nosas rapazas do Sutenor un complicado encontro fronte a un dos equipos máis fortes da Liga Prata infantil feminina, o Club Balonmano Atlántico. Veñen as nosas  nuhnha boa dinámica e se sae ao campo coa actitude correcta poderemos ver un partido moi desputado e bonito, no que pelexaremos por quedarnos cos 2 puntos.

(IF) TECNOSAT BM CANGAS VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas rapazas do Abogacía Canosa teñen outro desprazamento moi compricado, esta vez contra as segundas clasificadas, o Cangas que buscará non descolgarse e seguir loitando a primeira posición. As nosas queren manter a actitude que demostraron en Carballo xa que é o camiño para seguir competindo.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO

Partido decisivo o do Climanosa, que loita por acadar unha das 3 prazas que dan acceso á 2ª fase da competición na loita polo título de campión da Liga Prata. Restan 2 xornadas desta primeira fase e o Climanosa marcha 2º na competición, sen embargo toca medirse a un duro rival como o Club Balonmano Atlántico, que a pesares da súa mala racha de resultados, de seguro competirán o partido ata o último suspiro.

(IM) SAR VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Comeza a segunda volta para os nosos infantís do Nosolomadera, que buscan seguir coa boa racha de bo xogo. Nesta ocasión visitamos unha pista histórica como é a Bombonera de Redondela, onde a SAR quere seguir evolucionando o seu xogo e empezar a dar algunha que outra sorpresa.

Partido intenso o que se vivirá en Redondela.

(CF) SERFIS CAIXABAN BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O Fisioterapia Benestar desprázase na maña do sábado, a disputalo seu encontro fronte o segundo clasificado da primeira fase da Liga de Prata Categoría Cadete Femenino.

Tratase do último encontro desta primeria fase da competición , onde os cinco primeiros clasificados, pasarán a formar parte dun grupo na segunda fase pola loita do título de campión de Liga de Prata. Ámbolos dous equipos, xa están clasificados, pero de seguro co Culleredo sairá a loitar pola victoria.

Pavillón Municipal da Cañiza o sábado as 12:30.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS BM RIBADOSAR

Este sábado ás 10, o grupo CM de prata GalicoCaravaning, enfrontarase aos santiagueses do ribadosar, nun encontro que de seguro estará marcado pola rivalidade entre ambos bandos. Os nosos tentarán deixar os dous puntos en culle e seguir conservando as boas sensacións de encontros pasados, toca a revancha e o culle irá con todo.

(CM) BM CAMARIÑAS VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Os nosos cadetes do Remax Riazor buscan a segunda vitoria consecutiva ante o Camariñas, quizais o primeiro obxetivo e encaixar menos goles e a partir de ahí conseguir os puntos. O Camariñas non o porá nada fácil, sobre todo na súa casa, eles queren puntuar e por iso se prevé un encontro moi igualado.

(CM) SAR VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Comeza a segundo volta na liga Ouro cadete masculina e o BM.Culleredo Sweepend viaxa a Redondela para enfrontarse á SAR no pavillón da Bombonera. O obxectivo dos cullerdenses non é outro que o de continuar invictos e, polo tanto, sumar os dous puntos que lle sigan distanciando dos seus inmediatos rivais. Para iso, o equipo deberá de manter a súa regularidade e, sobre todo, volver a recuperar algunhas sensacións en canto ao bloque e a contundencia en labores defensivos. O encontro disputarase o Domingo ás 11.00h.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS MILLAVÉN CENTRO JARDÍN CP LUCENSE

Posicionado na parte media da taboa o Baía Edicións comeza o domingo as 18:30 no Pavillón Municipal de Almeriras a segunda volta da competición da Liga de Prata Categoría Xivenil Femenina.

Logo de vir de dúas derrotas consecutivas, o equipo local, tratará de loitar no campo por acadala victoria e sumar uns puntos que co pasar das xornadas poden se importantes.

Fronte, o equipo do Lucense ,que comezaba moi ben a competición pero, que foi mermando a súas victorias. Esperemos co equipo do culleredo poida aproveitarse desta situación.

(XM) BALONMÁN NARÓN VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Este sábado ás 18:30, o grupo XM de prata, tócalle visitar aos veciños do Bm Narón. Os nosos que xa son campións desta fase, tentarán seguir mellorando o seu xogo e conseguir outra victoria para rematar esta parte da liga invictos.

(XM) ATLÉTICO NOVÁS VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O noso xuvenil masculino segue a pelexar a clasificación da Liga Ouro na que o obxectivo segue a ser meterse no Play-Off final para loitar por unha praza no Campionato de España.  Nesta ocasión, tócanos viaxar a O Rosal, para enfrontarnos ao Atlético Novás. A priori, non é un dos rivais máis complicados, pero nunha competición tan apertada, con tantos equipos en tan poucos puntos, cada xornada é unha auténtica final, e ademais, haberá que sumar a dificultade da ter que facer a viaxe máis longa da tempada. Malia todo, a expedición cullerdense vai coa determinación absoluta para traer a casa os puntos en xogo.

(SM) MAGOPE SEIS DO NADAL VS BM CULLEREDO

Partido vital para as aspiracións do BM.Culleredo no inicio da segundo volta da competición. Viaxe a Vigo para enfrontarse ao Magope Seis Do Nadal, un dos equipos que xunto aos de Culleredo, parten coas aspiracións máis altas. Antóllase un encontro parello, que se desequilibrará por pequenos matices. O BM.Culleredo deberá de reproducir a gran defensa que lle levou a semana pasada a encaixar tan só dous goles en Tui, esa será a principal baza para estar en partido e poder regresar cos dous puntos en xogo. O encontro disputarase no municipal de Coia o sábado ás 19:00h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *