Saltar ao contido

PARTIDO IRREGULAR DO CLIMANOSA

Novo partido dos nosos , esta vez e unha vez máis ante os nosos amigos do Arteixo .

A priori o Climanosa presentabase superior na pista do Arteixo, despois de gañar con diferencia partidos amigables contra eles, pero este partido foi outra historia.

O Climanosa non saiu coas pilas postas e costoulle moito a fase defensiva onde non eran quen de estar organizados e poder axudar os compañeiros colindantes na defensa 3:3 plantexada , estos problemas sumarianse os dos ataques,xa que a pouca movilidade dos atacantes ante a defensa 3:3 imposta polo Arteixo promovian moitas dudas no partido. Salientar tamén a falta de acerto no lanzamento xa que foron demasiados erros dende a liña de 6 metros.

Na reanudación a dinámica foi a mesma, pouca concentración na fase defensiva onde os problemas eran os mesmos, desorganización, intensidade...Si que é verdade que habia interceptacións que daban pé a contrataques de primeira oleada , pero non habia un bó bagaxe defensivo , e iso e crave para o desenvolvemento dunha defensa aberta coma a 3:3.

O Climanosa pouco a pouco foi collendo distancias no marcador grazas esta vez o acerto no lanzamento nas penetracións e o xogo sen balón dos extremos de cara o desmarque final onde se creaban espacios para poder finalizar a acción en 6 metros.

Moito queda que traballar sobre todo a nivel de concentración e organización.

Noraboa pola victoria o Climanosa que segue nun bó camiño para a mellora .

Forza Culle.

RESULTADO FINAL - BM ARTEIXO 25 - BM CULLEREDO CLIMANOSA 33

BM ARTEIXO REPRINT:Iván López, Mateo Cernadas (10),Yeray Varela, Angel Caamaño, Yago Tajes(1),Hugo Mourón(3),Abel Ando(2), Sergio León, Nizam Ferreiro(8),Leo Souto.

BM CULLEREDO CLIMANOSA: Iago Bolaños, Hugo Nodar, Javier Orge(5),Ivan Gantes(9),Alejandro Soto(6), Antón Villanueva(2),Guillermo Blanco (1),Pablo Penelas (6),Mauro Fernández(2),Jacobo Soto (1),Martin Casal (1).

ARBITROS : Martina Regueiro y Andre Pena.

INCIDENCIAS: Xornada 9 da liga de prata masculina , disputado no Pabellón Municipal Ponte dos Brozos en Arteixo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *