Saltar ao contido

VICTORIA PARA TERMINAR A PRIMEIRA VOLTA

Bó partido dos nosos rapaces do Nosolomadera para terminar a primeira volta con victoria e unhas moi boas sensacións.

Xogabase nesta ultima xornada da primeira volta o derbi provincial contra BM Abegondo , un equipo que sempre foi por enriba do Nosolomadera na clasificación.

Comenzaba o encontro cun equipo culleredense a bó nivel defensivo encaixando 4 goles nos primeiros 10 minutos , grazas unha intensidade e solidaridade defensiva que daba moita confianza para logo xogar a fase ofensiva onde o equipo local planteaba unha defensa 5:1 , a cal o nosos superaban tanto de manrera individual coma colectiva , o cal reflexaba unha diferencia de 3-4 goles, a cal nun momento determinado reduciriase por mor de fallos de lanzamento claro do Culleredo e despistes defensivos que facian que o Abegondo acercáranse a 2 goles. 14-16 no descanso .

Na segunda metade. o equipo local arriscou máis para poder roubar balóns ou provocar erros no ataque cullerdense, pero o Nosolomadera soubo sair desa situación grazasa un xogo colectivo de conexións entre a primeira liña e a segunda, ista fundamental para o desenvolvemente do xogo en ataque na segunda metade.

A nivel defensivo o equipo ainda que encaixou 30 goles , o equipo foi fiable e puido resolver a problemática do equipo local e ainda sair o contrataque en primeira oleada para seguir ampliando a diferencia de goles ata unha renta máxima de 11 goles, que co paso dos minutos reduciriase o marcador final 30-37.

Bó partido sobretodo colectivamente do Nosolomadera que acada a 4ª praza o rematar esta primeira volta. Noraboa polo partido e noraboa por esta primeira fase do campionato regular.

Agora tocas seguir entrenando para poder acadar obextivos maiores.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : BM ABEGONDO 30- BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 37

BM ABEGONDO: Pablo Pardo (8), Lucas Faraldo(8),Mateo Martinez(3),Damián Martinez,Teo Garcia (1),Roque López,Román Fernández(1),Roi Patiño (2),Nikolay Gerogiev(6),Teo Fuentes.

BM CULLEREDO NOSLOMADERA: Hugo Garcia, Jorge Amor,Hugo Bregua (5),Adrián Aneiros (4),Xoán Canedo(7),Jairo Candamio (8),Xoan Seoane,Hugo Bermúdez(1),Teo Gómez(4), Alexis Martinez(5), Diego Rodriguez (3).

PARCIALES CADA 5`: 1-3/4--9/8-12/10-12/14-16/18-23/20-28/23-32/26-35/30-37

ÁRBITROS: Rubén Iglesias

INCIDENCIAS: Xornada 9 da liga Ouro infantil masculina disputada no Municipal de San Marcos , Abegondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *