Saltar ao contido

O Sutenor reacciona tarde

Este domingo tocáballe ás nosas infantís de prata do Bm Culleredo Sutenor afrontar un desprazamento moi difícil para enfrontarse ao Punta del Este Xiria, 3º clasificado da competición. Tralo parón de Nadal as nosas rapazas aínda non comezaran a competición e facíano fronte ao Xiria nun partido que comezou moi mal, con múltiples erros defensivos que as rápidas xogadoras locais aproveitaban e rápidamente conseguían despegarse no marcador. Aos erros defensivos habería que sumarlle que o noso ataque foi moi lento e estático, non tendo claridade para poder xerar ocasións claras de gol, chegando con isto ao min 15 da 1ª parte 6 goles abaixo no marcador. Conseguíamos axustar a nosa defensa tras un tempo morto, pero a falta de concentración en momentos puntuais e o pouco acerto de cara á portería rival impedíanos acercarnos no marcador, chegando ao descanso con un contundente 18-8.

Tralo paso polos vestiarios o comezo da segunda parte foi máis do visto no 1º tempo, encaixando un parcial de 3-0 nos primeiros 5 minutos. A pesares de todo o sucedido, conseguimos concentrarnos, aclarar as ideas e reponernos para amosala mellor versión deste Bm Culleredo Sutenor, que ten capacidade para competir con calquera equipo da Liga Prata.

Agora as nosas eran un auténtico muro defensivo, aguantando moito mellor o 1x1 e con axudas contundentes, que nos permitían frear o avance das locais, chegando a roubar incluso varios balóns que nos permitían subir con velocidade ao contraataque e competir en igualdade coas locais. En ataque estivemos moito máis seguras e coas ideas claras, sacando moito proveito do xogo sen balón e tomando as decisións acertadas.

Partido que remataba cun 32-23 xusto polo visto no campo, pero que nos deixa coa sensación de que este Bm Culleredo Sutenor pode facer moito máis, sen dúbida un equipo para pelexar con calquera nesta competición.

Punta del Este Xiria: 32 (18+14) Zahira (3), Mara (7), Natalia (6), Fátima, Noa, Aroa (4), Sara (4), Lucía (5), Paula (3), Inés, Denise, Eva, Ana.

Bm Culleredo Sutenor: 23 (8+15) Sara Bello (P), Eva (2), Antía, Adriana (4), Uxía, Cintia, Helena (3), Noa (8), Sara Villar (4), Aitana (2), Inés.

Resultado cada 5 minutos:  4-2 / 8-4 / 12-6 / 16-7 / 18-8 / DESCANSO / 21-8 / 23-10 / 27-12 / 29-18 / 32-23 / FINAL

Árbitro: José Henrique Folgoso Capelo, correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *