Saltar ao contido

O Canosa Abogacía cae ante o líder

O pasado domingo desprazábanse as rapazas do Bm Culleredo Canosa Abogacía a Carballo para afrontar un duro encontro fronte ás líderes da Liga Ouro, o Nordata Xiria.

Comezaba o partido con rápidos ataques das locais, que coa súa superioridade física nos facían sufrir moito nas situacións de 1x1, tardando a nosa defensa en chegar ás axudas, gracias a 3 boas intervencións da nosa porteira conseguíamos que o partido non se rompese por completo e chegábamos ao min 10 con un 6-2 en contra, sen embargo as pérdidas de balón no resto da 1ª parte e os despistes defensivos permitíanlle finalmente ao Nordata Xiria chegar ao descanso con un cómodo 14-6.

Xa na 2ª parte, as nenas do Canosa Abogacía, conseguían axustala defensa moito máis compacta e contundente, freando as acometidas das locais e conseguindo un moi bo primeiro parcial de 3-3. Nos restantes 20 min do encontro seguimos coa mesma tónica, sendo sólidas en defensa posicional, con moitas axudas, un bo control das xogadoras máis perigosas das locais e conseguindo roubar varios balóns que nos brindaban goles sinxelos ao contraataque. En ataque houbo unha mellor cara nesta segunda parte, con moita máis claridade, reducindo as pérdidas de balón e con todas as xogadoras sendo decisivas, sen embargo, os erros de lanzamento xunto á velocidade e potencia das locais xeraba ocasións de contraataque que non éramos capaces de chegar a frear e o partido remataría co 28-16 final e a sensación de ter feito un bo partido ante un dos mellores equipos da competición.

Nordata Xiria: 28 (14+14) Lara (P), Mencía (3), Sofía (4), Lorena (4), Natalia, Xulia (2), Julia (5), Lucía (5), Ana (4), Sabela (1), Elena, Irene.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: 16 (6+10) Sara (P), Lucía (4), Alicia (2), Thais, Aldara (1), Antía (2), Irene (5), Nadia (1), Alba (1), Inés, Uxía, Eva.

Resultado cada 5 minutos:  3-1 / 6-2 / 9-5 / 11-5 / 14-6 / DESCANSO / 17-9 / 21-10 / 26-13 / 27-15 / 28-16 / FINAL

Árbitro: José Henrique Folgoso Capelo, correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Ouro infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *