Saltar ao contido

Amarga derrota do Caravaning en Oleiros.

Na fría mañana deste domingo, o grupo cadete masculino 'GalaicoCaravaning' desprazábase a Oleiros a desputar outra xornada ligueira ante os veciños do Bm Atlántico.

Partido intenso dende o comezo, os cullerdenses enfrontábanse aos lideres da táboa, conxunto que na primeira volta gañara na nosa casa con moita comodidade. Pero neste encontro os nosos xa non eran os de fai uns meses, os cullerdenses chegaban a este envite coa convicción de plantarlles cara e trocar a situación do primer partido. Un grupo moito máis sólido, unido e solidario saíu ao 40x20 a loitar como gladiadores, e así foi..

Na primeira metade, cos nervos a flor de pel, o culle encaixaba un parcial 11-6, que os atlánticos manterían ata o final da primeira metade. Os nosos planteaban unha defensa 6:0 con certas irregularidades que o rival sabía aproveitar. Iso, ademáis da falta de fluidez no ataque posicional, lastraba moito aos cullerdenses.

Comeza a segunda metade, e os nosos seían a pista cas pilas cargadas e con outra faciana totalmente distinta. Comezábamos a defender con uñas e dentes amosando a intensidade que non tiñamos no primer tempo, e cando a defensa funciona, o ataque sempre millora. Os nosos aproveitaban un tras outro fallo ofensivo do rival e subían a contra como manda o noso modelo de xogo, facendo efectivos todas as finalizacións na porteria rival, encaixándolles ao rival un parcial de 16-8 nesta metade. Ao final deste tempo o marcador amosaba un 33-31 a favor dos oleirenses que deixanos un amargo sabor de boca, pero cunha lección máis aprendida.

Partido con doble cara para os nosos, que de facer unha boa millor primeira metade, os dous puntos estarían agora en Almeiras. Felicitar e eloxiar de novo a este grupo de rapaces polo traballo realizado e pola actitude amosada. Esta é a liña de traballo a seguir. Seguimos medrando no 40x20 e seguimos medrando como grupo. Noraboa rapaces.

FORZA CULLE! FORZA CARAVANING!

BmAtlántico 33-31 BmCulleredo GalaicoCaravaning

GOLES:

Atlántico: Diego Lema 15, Pablo Castiñeira 6, Mateo Martínez 4, Adrián Río 4, Miguel Ángel 3, Diego Abades 1, Roi Fdez, Daniel Archilla, Enmanuel (p), Daniel Glez.

Culleredo: Roi (p), Hugo Díaz (p), Mateo Pérez 1, Anxo 8, Teo 3, Hugo Rodríguez 6, Xoan Bello 4, Félix 4, Jairo 3, Tajes 1, Roi Fdez 3, Nico Díaz, Victor Laya, Mateo Negreira, Gael.

PARCIAIS:

3-2/ 7-5/ 11-6/ 14-9/ 17-11/ 22-15/ descanso/ 25-15/ 28-18/ 29-23/ 29-26/ 30-29/ 33-31/ final

ARBITRAXE:

Ivan Alfonso Pazos, Lucas Sánchez.

INCIDENCIAS:

Xornada oito da liga prata cadete desputada no municipal de Valle-inclán, Oleiros.

Un comentario en “Amarga derrota do Caravaning en Oleiros.

  1. Andrés

    Felicidades también al cuerpo técnico, por la búsqueda de soluciones para dar la vuelta a un partido que pintaba muy mal.
    Partidazo

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *