Saltar ao contido

O XM ÓpticaGallaecia, campión da primeira fase!!!!

Este sábado o XM optica gallaecia, recibía na casa ao Bm Pontedeume, rival que na ida complicou moito o xogo dos nosos e que a priori neste encontro non ía ser menos. Correspondía a xornada número 13, na cal, unha victoria para os nosos, daríanos o título de campións da primeira fase e o pase directo á segunda fase.

O partido comezaba ben para os nosos, sempre por diante no marcador, con rendas de tan só un e dous tantos, pero a nosa defensa, blanda e sen moita intensidade, era aproveitada polos eumeses que encontraban ocos sen moito esforzo, chegando así ao final da primeira metade con certa igualdade no electrónico.

Na segunda metade, os nosos trocaron a intensidade e a concentración, e facendo do noso modelo de xogo un valuarte, exprimíase a primeira e segunda ondada con facilidade, sendo complicado para os eumeses frenarnos. Ademáis a intensidade defensiva ía en aumento e pouco a pouco as forzas dos rivais ían a menos. Pouco a pouco íamos despegándonos no electrónico, chegando así ao final ocn resultado favorable de dez tantos por enriba dos de Pontedeume.

Gran esforzo deste grupo que quere máis e máis, e que a falta de tres xornadas, proclámanse campións desta primeira fase e invictos. Recordar que o grupo está formado por unha metade de cadetes, que cada día síntense maís integrados e que en cada xornada que disputan con xuvenís, aportan cada vez máis!!!! Bravo rapaces!!!!!!!! Noraboa!!!!!! FORZA OPTICA GALLAECIA!!!!!

CULLE 28-18 PONTEDEUME

GOLES

Culle: Juanma, Javi, Lucas 6, Nico 2, Xoel 1, Diego del Río 2, Fariña, Antón 2, Diego Sala 3, Juanfran 2, Bruno 2, Atalo 5, Anxo 1, Aarón 2.

Pontedeume: Bryan 10, Mario Glez 4, Martín Riveira 1, Nuno Roi 1, Hugo lopez 1, Luis Benito 1

ARBITRAXE:

Rubén Iglesias e André Pena

PARCIAIS:

2-0/ 4-2/ 6-5/ 7-6/ 10-8/ 12-10/ 15-11/ 17-11/ 23-14/ 25-14/ 27-15/ 28-18.

INCIDENCIAS:

Xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras con medio centenar de siareiros do culle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *