Saltar ao contido

COLOFÓN INMELLORABLE A UNHA PRIMEIRA VOLTA SOBRESAINTE DO BM.CULLEREDO SWEEPEND

O BM.Culleredo Sweepend, culminou unha excelente primeira volta na liga Ouro da categoría cadete masculino e conseguíu terminar esta primeira parte do campionato, despois da vitoria acadada no derbi do pasado Domingo ante os nosos veciños de Abegondo, como líder destacado e invicto.
Os cullerdenses entraron no envite concienciados do que se xogaban, conscientes de que tal e como está a competición, calquera tropezón pode complicar o camiño cara aos obxectivos grupais. Sempre regulares e sempre serios e competitivos, os mozos do BM.Culleredo Sweepend non defraudarían unha xornada máis e aos cinco minutos do inicio xa dominaban por un cómodo 2-5, facendo valer as rápidas transicións e a mobilidade no xogo de ataque. As diferenzas continuarían aumentando ao longo dos primeiros trinta minutos, apoiado o xogo nos mesmos conceptos das fases de ataque e cementados no labor defensivo, que aínda que non estivo ao nivel doutras ocasións, sí desbaratou moitas das intencións locais cara a gol. Así foi como os equipos retirábanse ao descanso cun xa amplo 16-28 que poñía as cousas moi de fronte para os de Culleredo.
Como é costume, xa na segunda parte, as rotacións dun cadro de persoal equilibrado e regular engadiron un factor máis ao desgaste do rival e cando as forzas fraqueaban nos locais e a fatiga facía mella, o BM.Culleredo Sweepend aumentaba a vantaxe para asinar unha nova vitoria con autoridade e dar un paso máis no seu camiño cara ao obxectivo final.

BM.Abegondo Siem: 31 (16+15). Yago Blanco, Gabriel Ventura (1), Leo Rodríguez (16), Tomás De La Fuente (4), Diego Carracedo (5), Enrique Núñez (2), Daniel Gómez, José Martín Salgado (1), Adrián ínsua (2), Jorge Ferreiro, Brais Candal.

BM. Culleredo Sweepend: 54 (28+26). Marco González (P), Atalo Bello (6), Iago Vázquez (2), Jaime Serrano, Adrián Veira (5), Iván Sánchez (6), Aaron Blanco (1), Antón Pérez (5), Álvaro Siso (4), Samuel Seijas (9), Josemi Martínez (12), Jorge Outón (1), Alejo Martínez (3).

Parciais cada 5´: 2-5 / 4-7 / 6-12 / 9-16 / 12-21 / 16-28 / Descanso / 19-31 / 21-36 / 24-43 / 25-47 / 29-51 / 31-54 / Final.

Colexiado: Rubén Iglesias. Sen complicacións.

Incidencias: Derradeiro encontro da primeira volta na Liga Ouro da categoría cadete masculino e partido de derbi ante os veciños do BM. Abegondo Siem. Encontro disputado no pavillón San Marco con un centenar de siareiros nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *