Saltar ao contido

VICTORIA DO BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR NA RECTA FINAL DA LIGA DE PRATA

O Fisioterapia Benestar afiánzase na cuarta posición da Liga Cadete de Prata, tras doblegar o sábado a un Porriño case sen oposición e que non foi capaz de poñerse por diante no electrónico en ningún momento.

As cullerdenses dominaron o encontro durante a maior parte do tempo. As de Fisioterapia Benestar puxéronse diante do marcador nos primeiros 5 minutos e chegaron con ventaxa de 7 goles ó descanso.

Trala reanudación da segunda parte, a defensa mantivo a súa intensidade e logrou unha victoria de mérito, mantendo a cuarta plaza con 12 puntos empatadas co Bm Pabellón de Ourense que van terceiras polo gol averas.

No encontro disfrutaron todas as xogadoras convocadas de minutos de xogo, dato importante ,xa que hai varias xogadoras que é a súa primeira tempada co equipo.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 34 (12+22): Lua Fernandez Nuñez (1) ,Carla Muiño Cancela (9), Lucia Ines Cortegoso Rey, Carla Corral Quian (3), Aroa Barbeito Casas , Aitana Fernandez Marzoa , Maria Bescansa Alcoba (5), Leire Barbeito Casas (1), Paula Peteiro Vazquez (5), Valentina Martinez Fiuza (2), Aroa Garcia Pena (1), Irene Rodriguez Fernandez (7), Sara Fraga Fraga

BM PORRIÑO “B” 11(5+6): Carol Fernandez Lorenzo (6),Aitana Fernandez Leiros (1), Ainhoa Dominguez Salgueiro, Candela Dominguez Mouriño, Daniela Rodriguez Edreira (1), Ana Bosque Gonzalez , Noa Alvarez Puga , Carla Martinez Abalde , Aldara Martinez Avendaño (4), Iria Cuerdo Celada (5), Candela Lago Leiros

Parcial Cada 5 Minutos:4-3/6-4/7-5/10-5/11-5/12-5 Descanso 17-6/20-8/23-9/26-11/30-11/34-11 Final

Colexiados: Andre Pena Muiños e Iván Alfonso Pazos. Excluiron a Carla Muiño, Carla Corral, Aroa Garcia e Irene Rodriguez dous minutos polo equipo local e a Aldara Martinez polo equipo visitante.

Incidencias: 9ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras.Con 50 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BM AROUSA - PORTALTEC BM CASELAS 25-34

ASMUBAL MEAÑO - COOLSPORT BM PABELLÓN 36-25

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - OS DO COUTO BM CAÑIZA 17-35

CORETI LALÍN - A RETORAL BM MOAÑA 38-20

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *