Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Trala volta á competición de parte dos nosos equipos a pasada xornada, nesta nova xornada xa todos os equipos estarán competindo, xogando a maior parte deles encontros fronte a equipos veciños da provincia e desputando varios derbis que se antoxan interesantes e dende logo moi competidos.

(IF) PUNTA DEL ESTE XIRIA VS BM CULLEREDO SUTENOR

Volve o Bm Culleredo Sutenor á competición tralo parón de Nadal e faino coa maior das ilusións, remataban antes do parón nun moi bo momento e veñen cheas de enerxía para afrontar un duro compromiso como é a visita a Carballo, na que buscaremos mellorar o resultado da ida e competir polos 2 puntos ata o final.

(IF) NORDATA XIRIA VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

Saída moi complicada para o Abogacía Canosa que visita ás líderes da competición.

As nosas buscan redimirse polo menos na actitude, despois dunha mala imaxe contra o Chapela.

O equipo carballés quere seguir consolidando o seu liderato.

(IM) REPRINT ARTEIXO BM VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Será o 3º enfrontamento da tempada entre estos 2 equipos, vendo unha clara melloría nos rivais que sen dúbida nos porán as cousas difíciles, pero tralo empate na anterior xornada fronte ao Xiria, os rapaces do Bm Culleredo Climanosa veñen con ganas de resarcirse e facer un bo encontro fronte ao Reprint Arteixo Bm.

(IM) ABEGONDO OPEMAT VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Derbi provincial esta fin de semana, onde o Nosolomadera xoga contra o Abegondo. Dous clubes moi próximos na calificación nun encontro no que o equipo cullerdense busca a vitoria e poder terminar con moi boas sensacións a primeira volta e un Abegondo que busca distanciarse na clasificación.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BALONMANO PORRIÑO “B”

O sábado 21 de xaneiro as 17:00, no Pavillón Municipal de Almeiras, o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, recibe o Bm Porriño “B”.

As de culleredo van decididas a levarse a victoria. A semana pasada sufrían unha dura derrota que lles fixo repoñer forzas esta semana e presentarse neste partido coas pilas cargadas para loitar por conseguir dous puntos importantes.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS GRUPO LEMACO XIRIA “B”

O Remax Riazor xogará un novo derbi contra o Xiria B, será un partido moi igualado e intenso, que seguramente se resolverá nos últimos intres por pequenos detalles.

(CM) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

Os cadetes de prata, GalaicoCaravaning, teñen por diante unha nova e complicada xornada logo do parón navideño. Os nosos que veñen de gañar os últimos encontros, enfrontaranse aos veciños oleirenses, líderes na táboa, nun encontro que de seguro amosará moita intensidade e competitividade. O culle buscará amosar a súa millor versión para levarse os dous puntos para casa.

(CM) BM ABEGONDO SIEM VS BM CULLEREDO SWEEPEND

O vindeiro Domingo, disputarase no pavillón de San Marcos (Abegondo) o primeiro derbi da tempada na liga Ouro da categoría cadete. Trátase do último partido da  primeira volta, ao que chegan os locais ocupando a sétima posición con seis puntos e os cullerdenses como líderes invictos con 16. O BM.Culleredo Sweepend desexa pechar esta primeira volta co total de vitorias e como líder destacado, dando así un paso máis no seu obxectivo final. Para iso, a recado que terá que realizar un encontro moi completo ao longo dos sesenta minutos nunha pista sempre complicada e ante un rival competitivo e con calidade nas súas filas. O enfrontamento dará comezo ás 11.15.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS BALONMANO PORRIÑO “B”

Último partido da primeira rolda da Liga de Prata categoría xuvenil femenino.

As cullerdense necesitan levarse a victoria para non descolgarse dos postos de arriba. Queren contar co alento da afición, no que sen dúbida, non será un encontró fácil. Ambos equipos necesitan a victoria.

O encontro disputárase o sábado 21 as 19.00 no Pavillón Municipal de Almeiras.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS GALITRANS BM PONTEDEUME

Esta fin de semana, os xuvenís de prata teñen por diante a xornada número once da liga, esta vez recibimos ao balonmán Pontedeume, un grupo que xa nos puxo en apretos na primeira volta, polo que a priori, asemella un encontro con moita rivalidade e intensidade. Os nosos que queren seguir na senda da victoria, irán con todo para sacar de novo dous puntiños.

(XM) OAR CORUÑA 1952 VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O noso xuvenil masculino de Liga Ouro volve ao traballo con xornada adiantada na que terá que visitar a cancha do veciño OAR Coruña 1952. Será o venres ás 20:00h, e a intención é recuperar as boas sensacións do final do pasado ano, e que non puidemos conseguir no último partido en casa na xornada pasada. A clave do partido pode ser sobrepoñerse ao ritmo lento e ao xogo de constante contacto que adoita utilizar o equipo coruñés, e conseguir impoñer o noso estilo de xogo sen vernos arrastrados ao seu terreo.

(SM) CLUBE BM TUI VS BM CULLEREDO

Despois de comezar o ano cunha vitoria importante ante o Luceros "B", o BM.Culleredo estréase neste 2023 a domicilio na sempre complicada cancha do BM.Tui. Os locais chegan a este envite despois de conseguir sacar un punto na súa visita a Porriño e iso, a recado, daralles confianza para competir sen complexos ante os de Culleredo. Por todo iso, o encontro, vital para as aspiracións do BM.Culleredo, non será nada sinxelo e os cullerdenses deberán de mostrar a súa mellor cara durante os sesenta minutos, especialmente en labores defensivos, onde retagarda e portería deberán de colaborar a un nivel sobresainte. O partido disputarase o vindeiro sábado ás 20.30 no municipal  Gustavo Rodríguez de Tui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *