Saltar ao contido

O PABELLÓN OURENSE DEU A SORPRESA.

Foi capaz de gañar o Baía Edicións que a priori non tiña todas as quinielas consigo. Nun encontro que chegou a gobernar por ata 7 goles de diferenza pero que rematou quedándose en 4 pola enerxía e espíritu combativo das cullerdenses.

Pese a todo, as cullerdenses seguen 4º na táboa clasificatoria.

O Bm Pabellón presentou batalla en todo momento. As súas xogadoras deixaban todo na pista. Cunha primeira liña destacada. Pero o Baía Edicións non estaba disposto a deixarse sorprender e acurtou distancias o descanso da primeira parte.

Á volta do descanso, o equipo visitante fixo rotacións optando por dosificar minutos e equilibrar esforzos, sabedor dos puntos que estaban en xogo. Pero o Ourense blindou a portería para mantela distancia e incluso aumentala cun ritmo que non decaía, deixando sen opcións de victoria o Culleredo.

O Baía Edicións non se rindeu. Comandadas por Carla Bello, o equipo cullerdense recortou distancias nos compases finais do encontro, cunha defensa individual.

Pode ser, co parón das navidades, rompese o ritmo que viña traendo o equipo visitante, xa que con esta derrota, rompe a súa racha de 4 encontros consecutivos invictas.

Derradeiras xornadas da primeira volta de esta Liga de Prata, de ahi a importancia de non deixar escapar os puntos.

AACLINIC BM. PABELLON 22 (10+12): Uxia Gonzalez Gomez , Naia Dieguez Rodriguez , Yanely Ruth Rodriguez Perez (7), Xiana Fernandez Almansa (3), Sofia Carcacia Testa (1), Marta Rodriguez Rubio (9), Alba Rivera Fernandez, Nerea Nogueiras Fariñas, Daniela Rodriguez Rodriguez (2), Ana Rosa Pineda Mariñez, Mar Diaz Barreiro, Aitana Fernandez Garcia , Mara Touza Fernandez

BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 18 (7+11): Carla Bello Lopez (7), Marina Rodriguez Fernandez (2), Carla Muiño Cancela (4), Aitana Tasende Dominguez (2), Carla Corral Quian, Aroa Garcia Pena, Maria Bescansa Alcoba (3), Sofia Gerpe Insua, Noa Insua Gomez, Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vazquez, Paula Vidal Rouco

Parcial Cada 5 Minutos:2-2/4-2/5-2/6-3/9-5/10-7 Descanso 12-8/15-9/16-11/17-13/20-13/22-18 Final

Colexiados: Martin Rodriguez Tesouro e Lucia Rodriguez Tesouro. Excluiron dous minutos a Aitana Tasende, polo equipo visitante e catro minutos a Yanely Ruth e Sofia Carcacia dous minutos polo equipo local.

Incidencias: 8ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Complexo Deportivo Oira de Ourense.Con 50 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BALONMÁN MOAÑA - B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO 24-21

BM CASELAS - ASMUBAL MEAÑO 27-28

BALONMANO PORRIÑO "B" - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 31-34

MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE - CORETI LALÍN 25-31

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *