Saltar ao contido

UN ENCONTRO DE ALTURA

Xa deciamos que ia ser un encontro de altura o disputado na tarde do domingo en Ourense e asi foi.

As cullerdenses tiñan diante a outro equipo que está a disputalos primeiros postos da competición

Un Pabellón Ourense máis asentado e sabendo facer sangría nos 7m, desvancaban a defensa posicional do Fisioterapia Benestar.

Sempre a remolque no electrónico, as de Culleredo puxéronse en varias ocasións un abaixo ata chegalo descanso da primeira parte onde empataban na última xogada, pero non deron conseguido darlle a volta á tortilla.

Demasiados faios fronte as gardametas do equipo local, que blindaban a portería ante lanzamentos sen oposición.

Aínda así, o Fisioterapia Benestar, segue posicionado na parte alta da táboa clasificatoria.

COOLSPORT BM PABELLÓN OURENSE 28(11+17): Nayra Bolaño Fernandez, Naia Dieguez Rodriguez, Cies Valentin Vazquez (10),Maria Victoria Blanco Moraes (1), Nadia Abreu Veloso , Noelia Todea Vazquez , Luna Gomez Dominguez (1), Aldara Diaz Blanco (1), Xiana Fernandez Almansa (8),Dana Dieguez Estevez , Xiana Paradela Alonso, Nerea Nogueiras Fariñas (3), Uxia Fidalgo Perez , Daniela Rodriguez Rodriguez (2), Paula Fuentes Dieguez, Aitana Fernandez Garcia (2)

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 20(11+9): Lua Fernandez Nuñez , Carla Muiño Cancela (6), Lucia Ines Cortegoso Rey, Carla Corral Quian (1), Aroa Barbeito Casas , Aitana Fernandez Marzoa (1), Maria Bescansa Alcoba (5), Leire Barbeito Casas (1), Paula Peteiro Vazquez (2), Antia Ferreño Fernandez , Valentina Martinez Fiuza (2), Aroa Garcia Pena , Irene Rodriguez Fernandez (2), Sara Fraga Fraga

Parcial Cada 5 Minutos: 1-0/2-1/5-3/7-4/9-8/11-11 Descanso 13-11/15-11/20-12/22-15/24-17/28-20 Final

Colexiados: Martin Rodriguez Tesouro e Lucia Rodriguez Tesouro. Excluiron catro minutos a Aitana Fernandez e dous minutos a Carla Corral e Aroa Garcia, polo equipo visitante e a Cies Valentin catro minutos e Aldara Diaz e Aitana Fernandez Garcia polo equipo local.

Incidencias: 8ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Complexo Deportivo Oira de Ourense.Con 50 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

PORTALTEC BM CASELAS- ASMUBAL MEAÑO 35-40

A RETORAL BM MOAÑA – BM AROUSA 26-19

BALONMANO PORRIÑO "B - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 25-25

 OS DO COUTO BM CAÑIZA - CORETI LALÍN 25-22

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *