Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO VOLVE Á COMPETICIÓN CON VITORIA

O BM.Culleredo, volveu á competición da 1.ª autonómica masculina despois do parón do Nadal e fíxoo cunha necesaria e incontestable vitoria ante o Luceros "B" de Cangas. Os cullerdenses saíron moi concienciados ao parqué de Tarrío e xa no minuto 5 dominaban por un claro 4-1, co que o técnico visitante veríase obrigado a solicitar enseguida o seu primeiro tempo morto. Lonxe de dar resultado aos visitantes este pequeno parón para recompoñer ideas, os de Culleredo ampliarían a vantaxe para dominar no minuto 10 por un 7-1 máis que significativo e coller unha dinámica moi positiva no encontro. Con todo, a reacción dos de Cangas tiña que producirse nalgún instante e foi así como os visitantes reducirían a distancia cando se afrontaban os últimos dez minutos do primeiro tempo (15-11). Unha última arrancada do BM.Culleredo, poñía de novo as cousas moi de fronte cando se chegaba ao termo do primeiro acto (24-16).
Nunha segunda parte xa sen historia, na cal os locais seguirían rotando efectivos e mantendo un ritmo alto de partido, a distancia entre un requipo e outro seguiría aumentando para conseguir dous novos e importantes puntos e un resultado amplo por 45-29. A volta á vitoria é de especial relevancia despois de como se terminou o ano e debe de ser un punto de inflexión para os importante encontros que nos/nos esperan nas próximas semanas.

BM. Culleredo : 45 (24+21). Jorge López (P), Oscar Bello (P) (1), Alberto Catoira (4), Carlos Costa (2), Martín ínsua (8), Miguel Casal (5), Iago Franco, Marco García (3), Marcos Vázquez (1), Daniel De Salvador, Iago Ferreiro (6), David Martínez (2), Nuno Loxo (1), Mario Crecente (3), Darío Pérez (3), Adrián Rodríguez (6).

Luceros "B": 24 (16+13). Javier Piñeiro (1), Xián Fdez (4), José Miguel Cid (3), Iago Fonseca (5), Eloy Pérez (2), Oscar Díaz, Alexandre Gallego (4), Javier Freire, Yerom Alfaya, David Pousada, Juan Estévez (2), Víctor Manuel Costas (2), Nicolás Millán, Manuel Magdaleno Cabral (6), Miguel Hermelo, Elías Aakcha.

Parciais cada 5´: 4-1 / 7-1 / 11-6 / 15-11 / 19-13 / 24-16 / Descanso / 26-19 / 30-21 / 32-21 / 35-23 / 39-28 / 45-29 / Final.

Colexiado: José Henrique Folgoso e Rubén Iglesias.

Incidencias: 10ª xornada da primeira autonómica en categoría senior masculino, disputado nun municipal de Tarrío con boa entrada. Nos prolegómenos, o Clube Balonmán Culleredo, presentou un acto de homenaxe a os xogadores e técnicos que participaron no recientemente finalizado CESA 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *