Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND, INICIA O ANO CUNHA NOVA VITORIA

O BM.Culleredo Sweepend, reiniciou a competición da liga Ouro cadete o pasado sábado e comezou o 2023 cunha nova vitoria, tal e como terminara o 2022. Os cullerdenses, que continúan lideres invictos, deron un paso máis cara ao seu obxectivo final co BM.Tui nesta ocasión como rival.
Tras uns primeiros minutos igualados (2-2), nos cales a velocidade e o contragol erixíanse como acenos de identidade de ambos os conxuntos, serían os locais os que tomarían o mando do envite, unha vez axustada a súa parcela defensiva e asumido o ritmo de xogo que máis interesaba. O dominio do BM.Culleredo Sweepend sería desde entón absoluto, especialmente nas fases de contraataque e ataque posicional, imposibles de frear por parte da defensa tudense. Os 31 goles encaixados polo BM.Tui tan só no primeiro tempo, son indicativos do poderío ofensivo dos de Culleredo, que virtualmente deixaban visto para sentenza o encontro no tempo de descanso (31-17).
Nun segundo acto xa sen historia, o conxunto local aumentou o ritmo de rotacións e limitouse ao absoluto control do partido, incrementando as diferenzas co paso dos minutos e a medida que a fatiga facía madeixa no seu rival. Deste xeito e co marcador final de 49-31, os de Culleredo afrontarán o último encontro da primeira volta a próxima fin de semana no derbi ante o conxunto de Abegondo.

BM. Culleredo Sweepend: 49. Marco González (P), Hugo Díaz (P), Hugo Rodríguez (2), Atalo Bello (3), Adrián Veira (6), Iván Sánchez (5), Aaron Blanco (1), Jorge Outón (1), Iago Vázquez (3), Jaime Serrano, Antón Pérez (5), Samuel Seijas (9) , Josemi Martínez (5), Anxo Negreira (1), Alejo Martínez (8).

Clube BM.Tui: 31. Izan Pérez (3), Iago Cal (3), Arón Prada (2), Andrés Fdez, Raul Rodríguez (2), Alex Lage (1), Rubén Gómez (12), Fabio Mazzurco (1), Cristian Framil, Jorge Fdez (1), Roque Estévez (4), Darío Vila (2), Marcos Framiñán.

Parciais cada 5´: 5-2 / 10-6 / 16-8 / 19-10 / 25-13 / 31-17 / Descanso / 36-21 / 39-22 / 42-26 / 44-26 / 47-27 / 49-31/ Final.

Colexiados: J.Henrique Folgoso.

Incidencias: Primeiro encontro deste 2023 na liga Ouro da categoría cadete masculino, disputado no municipal de Almeiras con medio centenar de siareiros nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *