Saltar ao contido

Volta á competición con victoria para o XM ÓpticaGallaecia.

O pasado sábado, o XM ÓpticaGallaecia desprazábase a capital galega a desputar a segunda xornada da segunda volta da liga prata ante o Ribadosar. Partido que a priori xa amosaba rivalidade entre ambos bandos, xa que no primer enfrontamento, puxéranlles as cousas moi complicadas aos nosos.

Os cullerdenses que xa levaban semanas sen competición logo do parón navideño, encaraban este encontro con moitas gañas e coa convicción de seguir puntuando para manternos no primeiro posto da táboa, e seguir así unha xornada máis sendo líderes en solitario.

Na primeira metade, cun Juanma espectacular baixo paos, non encaixamos o primeiro tanto ata o minuto 10. Os nosos aproveitaban as paradas de Juanma para sair rápido á contra e facer dano a un rival que xa encaixaba un parcial de 3-9 nos primeiros quince minutos da metade. Os nosos explotaban a modelo de xogo, o cal poñía moi dificil as cousas ao rival, que tan so foi quen de anotar nove tantos na primeira metade.

No segundo tempo, tónica foi similiar. Os nosos con minutos de maior e menor lucidez no xogo, mantíñanse sempre por diante no electrónico, chegando a amosar doce goles de diferenza nos últimos dez minutos, diferenza que manteríamos ata o final.

Destacar a boa actuación de tódolos compoñentes deste equipo, formado por unha metade de cadetes e outra de xuvenís, que xuntos fan un gran grupo. Próximo rival, Pontedeume na casa, imos a por outra semana máis.

FORZACULLE!!!!!

Ribadosar 20-32 Culle OpticaGallaecia

GOLES:

Ribadosar (9+11): Jesus Ricoy 8, Abraham Álvarez 5, Xenxo Gonta 3, Iago Patrón 1, Pedro Sarrapio 1, Miguel Cepeda 1, Guillermo Meizoso 1.

Culleredo (17+15): Lucas 12, Nico 3, Javi (p), Juanma(p) 1, Xoel, Diego delRío 5, JuanFran, Antón 1, Álvaro Siso, Iago Vázquez 2, Diego Sala 2, Bruno 1, Aarón 5.

PARCIÁIS:

0-3/ 1-6/ 3-9/ 5-11/ 8-14/ 9-17/ descanso/ 9-20/ 13-23/ 14-25/ 18-26/ 19-28/ 20-32.

ARBITRAXE:

Fran Leira.

INCIDENCIAS:

Xornada 10 da liga prata xuvenil desputada en Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *