Saltar ao contido

DOBRE XORNADA CON BOA DINÁMICA

Esta fin de semana o nosos rapaces do Nosolomadera tiñana unha dobre mision complicada, primeiro xogar en Almeiras ante o lider o Lalín e o domingo contra o Novás onde sé terá que realizar o viaxe más longo da tempada.

O sábado visitaba Almeiras o Lalín , lider da competición sen perder un partido ainda, prometiase un partido onde o equipo visitante sería o claro dominador do encontro pero iso solo foi os primeiros 5 minutos do partido cando o marcador reflexaba un 1-4 de parcial para os lalineneses, a partir de ahí os nosos en 5 mnituos empataron o encontro e empezaron a axustar as axudas defensivas e o ritmo de balón en ataque , xogando un bó balonmán , penetrando dende os laterais, xogo sen balón dende o extremos e sobretodo , moita velocidade tanto no repligue como na fase de contrataque.

Con todo isto o equipo poñiase 1 arriba no marcador alternando co empate , ata chegar o final da primeira parte cun 18-18 , nun primeiro tempo cun ritmo moi alto onde os ataques estaban a gañar as defensas.

Na segunda metade o equipo loca deu un impulso e colocouse 2 goles por enriba , un feito que fixo poñer en garda o equipo visitante que pronto logrou empatar o encontro outra vez. Se chegaba os últimos 10 minutos con todo por xogar e ahí o poderío físico do equipo visitante e o seu saber estar fixo ter a capaciade de superar as nosa defensa tan ven plantexada e chegar cunha renta de 2-3 goles que daban a victoria o Lalín.

Felicitar a actitude e a solidaridade de este grupo que puxo entre as cordas o lider da categoría ata o punto de convencerse por si mesmos da victoria. Unha victoria que si foi anímica para seguir afrontando os seguintes partitdos,

RESULTADO FINAL: 29-32

O domingo o partido era diferente pero tamén moi compricado xa que o Novás ten un bó xogo colectivo e é un equipo aguerrido e así o desmostrou nos primeiros compases de xogo que aida que o Nosolomadera conseguía una ventaxa de 2-3 goles o Novás daballe a volta o marcador e poñiase por enriba, isto fixo que os nosos reaccionaran e grazas de novo o plantexamento defensivo e as axudas defensivas,cosneguiran darlle de novo a volta o marcador e conseguir unha ventaxa de 5 goles o finalizar a primeira metade.

A segunda metade o equipo cullerdense mantivo dende o primeiro minuto a ventaxa , cun bó ritmo en ataque grazas a continuidade de balón e a efectividade dos extremos. Na fase defensiva o equipo seguia estable pese a algún despiste grave que hay que correxir.

RESULTADO FINAL 27-38

Noraboa pola victoria pero sobretodo noraboa pola dinámica desta fin de semana e as gañas que teñen estos rapaces por xogar o balonmán .

Destacar o esforzo defensivo que pese que ainda queda moito que mellorar , a dinámica vai por bó camiño.

Xogaron por parte do Culleredo este dous partidos:

Hugo García, Jorge Amor, Hugo Bermúdez, Jairo Candamio, Hugo Bregua, Xoán Seoane, Xoán Canedo , Adrián Aneiros, Diego Rodriguez, Teo Gómez, Alexis Martinez, Alejandro Soto , Iván Gantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *