
Partido para olvidar das nosas que xa dende o quecemento facianse apreciar as consecuencias de non ter a concentración de cara o partido , a intensidade e as gañas de poder disputalo encontro.
Un Chapela moi supeiror amosou porque está a crecer nesta liga e porque a súa ilusión de poder mellorar cada dia.
O inicio do partido foi igualado nos primeiros dez minutos , moitos erros individuais, fallos de lanzamentos e precipuitacións por parte dos dous equipos, pero que co paso dos minutos o equipo visitante ia collendo ritmo e sobre todo en accións individuais poñia unha ventaxa de 3-4 goles onde o Abogacia Canosa atascado en ataque non era quen de reducir no marcador.Os ataques do Abogacia sen velocidade e con moito descerto no lanzamento sobre todo nos extremos, e cunha defensa moi pasiva e sen axudas defensivas facian que o Chapela forase o descanso cun 5-12 no marcador.
O Abogacia Canosa sen resposta algunha non era capaz de termninar con boas sensacións a primeira parte e tampouco de inciar con bó pé a segunda, xa que a dinámica de pasividade foi mesma. Erros de 1x1 nos exteriores, sen axudas defensivas , desequilibrios continuos de sen basculación defensiva, moito queda por traballar e esforzarse para poder mellorar , pero sobretodo a gran diferencia entre os dous equipos foi a actitude .
O final do encontro o electrónico marcaba un 14-33 para as visitantes que forón moi superiores en todo o encontro .
Toca facer autocrítica e volver o traballo para poder mellorar pasiño a pasiño.
Forza Culle
RESULTADO FINAL: 14-33
BM Culleredo Abogacía Canosa (5+11)14: Sara Fernández, Sara Bello, Lucía López (2), Alicia Pérez(5), Thais Villaverde , Aldara Piñeiro, Eva Outón, Nadia Martinez, Alba Fernnadez, Irene Rodriguez(4), Antía Ferreño(3), Claudia Soto, Adriana Vázquez.
BM Chapela(12+21): Aroa Fernández, Sabela Fernández (2), Sabela González (3),Nayara Barciela (11) Alicia Barciela , Antía Fernández(8), Sofía Dominguez, Daniela Garcia, Noa Garrido (6).
PARCIALES CADA 5`: 2-1/3-2/4-7/4-8/5-12/7-16/7-21/10-23/13-27/14-33.
ÁRBITROS: Rubén Iglesias y Enrique Folgoso.
INCIDENCIAS: partido da xornada 8 no pavillón municipal de Tarrio.
