Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Toca retomalas competición para a maior parte dos nosos equipos, tras un pequeno parón polo Nadal, esta fin de semana teremos xa 19 partidos, a falta de retomalas competicións de prata en categoría cadete masculina e infantil feminina.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS BALONMÁN CHAPELA

As nosas miniguerreiras volven á competición para enfrontarse a un rival duro como o Balonmán Chapela, un rival acomodado na zona media da clasificación.

Prometese un partido moi disputado xa que hai moi pouca diferencia entre estes dous equipos.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS GARAYSA XIRIA “B”

O Climanosa volta á competición contra un duro rival, afrontando un encontro moi difícil coa maior ilusión e con ganas de acadalos 2 puntos que nos afiancen nos postos máis altos da clasificación. O encontro terá lugar este domingo ás 12:45 en Almeiras.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS VAYRO LALÍN

ATLÉTICO NOVÁS VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Volve a competición despois do parón de Nadal e o Nosolomadera enfróntase ó líder da clasificación, o Balonmán Lalín.

O Nosolomadera quere facerse de novo forte en Almeiras pero o líder non o porá nada fácil, xa que 4 compoñenetes deles obtiveron a medalla de prata no Campionato de España fai unha semana, ainda así os nosos  loitarán pola victoria.

(CF) BM PABELLÓN VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Partido de altura o que se vai vivir esta fin de semana.

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar enfróntase contra un rival directo, xa que o Coolsport Bm Pabellón está empatado a puntos co Culleredo na primeira posición da taboa clasificatoria.

Esperemos co parón da competición en Nadal, non pase factura as cullerdenses e sexa un partido competitivo

O choque terá lugar o domingo 15 as 17:00 no Pavillón de Oira.

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS CLUB BM.TUI

O BM.Culleredo Sweepend, volve á competición despois do parón do Nadal co obxectivo de continuar o refacho triunfal coa que terminou o 2022. O conxunto cullerdense, que permanece invicto na competición cadete da liga Ouro, recibe ao Club BM.Tui co obxectivo de sumar dous novos puntos que manteñan ao equipo no máis alto da clasificación. O encontro disputarase o Sábado 14 ás 13:00h no polideportivo de Almeiras.

(XF) DE PUEBLO CARNICERÍA BM PABELLÓN VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

Logo do parón ligueiro , toca enfundalas zapatillas de xogo de novo e voltar as pistas.

Recordamos cas do Bm Culleredo Baía Edicións, leva unha traxectoria ascendente de victorias. Poderíase plantexar coma un encontro asequible se nos fixamos na táboa clasificatoria (Balonmán Culleredo 4º e Bm Ourense 8º clasificado) pero os partidos ainos que xogar e nunca sábese coma che podes encontrar o rival.

As cullerdenses, desprazaranse o domingo 15 para disputalo encontro as 18:30 no Pavillón de Oira.

(XM) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Este sábado ás 19.30, os nosos xuvenís te prata visitan a capital galega para enfrontarse o ribadosar, rival que xa nos puso compricadas as cousas na primeira volta e que de seguro nesta ocasión así será de novo. Os nosos que levan unha trayectoria ascendente, sen ningunha derrota y sendo primeiros na táboa, tentarán seguir nesta liña e traer de volta os dous puntos!

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS CLUB CISNE COLEGIO LOS SAUCES

Logo do parón de nadal, que coincidiu co fin da primeira volta da liga, é hora de volver á competición. E para o noso xuvenil masculino de Liga Ouro, o calendario decreta que toca recibir ao Cisne Colegio Los Sauces na nosa pista de Almeiras. Será na tarde do domingo, e os nosos sairán coa intención de prolongar a tendencia ascendente de xogo que desfrutaron no fin do pasado ano, e que lles fixo achegarse á zona alta da taboa. A tarefa non será doada (nunca o é nesta liga), ante un dos equipos que sempre parten como favoritos.

(SM) BM CULLEREDO VS LUCEROS B

O BM.Culleredo retoma a competición neste 2023 e recibe o Sábado 14 no municipal de Tarrío ao Luceiros "B", potente conxunto filial do Cangas de Asobal. Os cullerdenses necesitan recuperar sensacións despois do tropezóns no último partido do ano en Pontedeume e para iso terán que comezar por impoñer a intensidade defensiva que caracterizou ao equipo nos seus mellores momentos. O partido disputarase ás 19:00h e o conxunto de Culleredo necesita os dous puntos para seguir nos postos altos da táboa clasificatoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *