Saltar ao contido

Unha nova victoria para pechalo ano

O encontro do sábado, foi o último deste ano para o Fisioterapia Benestar e non puido pechar mellor ca cunha victoria fronte o equipo do Caselas.

As locais, disfrutaron na pista e iso veuse reflexado no marcador. Foron capaces de dominalo partido de principio a fin.

Os resultados dos adestramentos vironse reflexados no terreo de xogo.

O Caselas, situado a tres puntos por debaixo do equipo cullerdense, podía sorprender para ben ou para mal, nunca se sabe ata que se xoga o partido.

Unha primeira parte sen complicación para o Fisioterapia Benestar, con saidas dende atrás rápidas, fixeron co marcador fose abultado ó descanso (23-8).

A segunda parte con máis rotacións do banquillo e procurando que non se baixase a intensidade ,pasouse a un xogo máis estático pero con circulacións de balóns rápidas para as entradas entre líneas defensivas do equipo visitante.

A pesar de gozar dunha clara diferenza de goles, o Caselas da segunda parte non tivo nada que ver coa primeira. Incrementou a súa agresividade na parte defensiva e saiu a correr facendo contragoles e sorprendendo as locais.

A precipitacións de pase do Fisioterapia Benestar foron aproveitalas polo rival.

As de culleredo acadaron outra victoria. Rematando o ano cunha boa sensación e empatadas cos catro pirmeiros equipos a puntos na táboa clasificatoria.

A competición retomarase na fin de semana do 15 de Xaneiro, mentras o equipo cullerdense tomara uns días de descanso

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR: 42 (23+19)

Carla Muiño Cancela (10), Lucia Ines Cortegoso Rey , Aroa Barbeito Casas , Aitana Fernandez Marzoa (1), Maria Bescansa Alcoba (4), Leire Barbeito Casas (1), Paula Peteiro Vazquez (3), Lua Fernandez Nuñez (2), Antia Ferreño Fernandez (3), Valentina Martinez Fiuza (6), Aroa Garcia Pena (1), Irene Rodriguez Fernandez (11), Sara Fraga Fraga

PORTALTEC BM CASELAS: 25 (8+17)

Uxia Martinez Cabral, Irene Barreiro Besada (4), Marta Santamaria Pampin, Maria Estevez Besada (3), Claudia Barros Alvarez (2), Mara Lorenzo Martinez (1), Naiara Fernandez Rocha (1), Ainhoa Morais Covelo (7), Nerea Alonso Rodriguez , Sara Fernandez Vaqueiro , Melina Rodriguez Iglesias, Antia Ferreira Martinez (5), Iria Dominguez Perez 82)

Parcial Cada 5 Minutos: 3-0/6-1/10-2/14-4/19-6/23-8 Descanso 26-11/28-15/31-17/36-21/39-23/42-25 Final

Colexiados:. Christian Garcia Fernandez. Excluíu dous Minutos a Carla Muiño, polo equipo local e Ainhoa Moiras e Antia Ferreira polo equipo visitante.

Incidencias: 7ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras.Con 40 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

ASMUBAL MEAÑO - BM AROUSA 34-21

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - COOLSPORT BM PABELLÓN 17-40

CORETI LALÍN - BALONMANO PORRIÑO "B 28-23

A RETORAL BM MOAÑA - OS DO COUTO BM CAÑIZA 20-27

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *