Saltar ao contido

Derrota pero con boas sensacións.

Derbi provincial en Almeiras onde visitabanos o Balonmán Atlántico o lider do grupo queria os dous puntos en terras cullerdenses, pero os nosos rapaces non o ian a poñer fácil e dende o primeiro minutos así o fixeron.

Un bó inicio na fase defensiva controlando o ataque oleirense, grazas a un bó traballo de Diego Piñeiro no segundo , e gran traballo da zona central para poder obstruir o ataque visitante , isto e o acerto de cara o gol ,daban pequenas ventaxas o Remax Riazor, esta dinámica continou en toda a primeira metade , destacar na fase ofensiva a Ávaro Siso cu bó acerto de cara a porteria. Moi bo traballo dos nosos que só lamentaronse nos ultimos minutos cando o Atlántico logrou empatar o encontro , 16-16 no descanso .

Na segunda metade o Remax Riazor quiso seguir con plan de partido establecido pero sendas exclusións e pequenos fallo na fase ofensiva facián que o equipo visitante tomara as rendas do electrónico con 4-5 goles de vantaxa que non soltarián en todo o encontro, ainda asó o equipo sacou de orgullo e seguiu peleando ata o último segundo , isto viuse nos ultimos 2 minutos de encontro , onde o partido estaba perdido pero o plantel do Remax Riazor quería máis e cunhas gañas e implicacion enorme conseguían terminar o partido cunhas grandes sensación e dicindo que os partidos do Remax Riazor non van ser fáciles de xogar.

Noraboa os xogadores do Remax pola actitude e compromiso , esta dinámica e positiva e queda moito que traballar. Tocas descansar competitivamente pero os entrenamentos continuan en navidades.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL :BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 28- BM ATLÁNTICO 32

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR : Rubén Gantes, Matias Teixeiro (1),Fabián Manzo, Bruno Pardo (3),Nicolás Arias(3),Lucas López(1), Iago Vázquez(5), Álvaro Siso (8),Diego Piñeiro(2),Jorge Outón(4),Iago Allegue(1),Pablo Ares.

BM ATLÁNTICO: Adrián Rio(3),Daniel Archilla(1),Pablo Castiñeira(8),Daniel Gonzalez, Emmmanuele Garcia, Diego Lema (5),Diego Abades(5),Martin Vinagre.

PARCIAL CADA 5`: 2-2/5-3/10-8/11-9/13-11/16-16/20-19/22-22/22-25/23-29/25-30/28-32

ÁRBITROS: Pablo Torreiro, Lucas Sánchez

INCIDENCIAS: Partido da xornada 7 da liga cadete masculina prata, disputado en Almeiras -Culleredo. boa asistencias de público e destacar a afección local polo seu compromiso e bó comportamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *