Saltar ao contido

Nova victoria do caravaning para lograr o terceiro posto da clasificación

O pasado sábado, o grupo cadete de liga prata GalaicoCaravaning, visitaba a pista dos veciños coruñeses do OAR Coruña, na derradeira xornada da primeira volta.

Os nosos que viñan de acadar boas sensacións nas dúas xornadas anteriores, encaraban este encontro motivados e con gañas de seguir mantendo e incluso mellorando o xogo que viñan amosando.

Sempre por diante no marcador, os cullerdenses explotaban a súa faceta defensiva cun bo sistema de disuasións impares e sempre con moi boas axudas entre postos colindantes, o que facía moi dificil o ataque rival, así recuperábamos balón de forma efectiva e subíamos a contra de mañeira organizada e con cabeza. Defender e correr, esa foi a tónica dos nosos durante todo o envite, co que fumos capaces de facer moito dano aos riváis. Ao final da primera metade, o electrónico amosaba un 12-16 a favor dos de culle.

Na segunda metade, nos dez primeiros minutos os nosos baixaron a intensidade e encaixamos un parcial de 4-0, co que aínda así o rival non se poría por enriba no marcador. Tempo morto dos de culle para axustar eses erros e volver o 40x20 cargados de máis pilas e coa convicción necesaria para levar os dous puntos para casa. Seguindo sendo fieis ao esquema defensivo 6.0, seguíamos a recuperar balóns e seguíamos a facer efectivas as transicións a porteria rival, onde os Coruñeses non eran quen de frearnos. Superioridade dos nosos en todas as facetas do xogo, coa que nos traemos finalmente esos dous puntiños para Culleredo.

Noraboa a este grupo de rapaces que vai de menos a máis e que amosa compromiso e moitas gañas en todos os adestramentos e partidos.

Destacar a actuacións dos nosos dous porteiros Roi e Hugo que fixeron paradas de moito merito nos momentos máis claves do encontro.

Seguimos traballando! FORZA CARAVANING!

Oar Coruña 25 - 32 Culle GalaicoCaravaning

GOLES:

OAR: Sergio Prada 7, Angel Ortiz 7, Matias Castro 4, Victor Alonso 2, Leo Fagot 2, Rodrigo Serantes 2, Roi Tarrío 1, Javier Corredoira, Yan Rusmir, Isayas Pasandín.

CULLEREDO: Hugo Díaz (p), Roi Mourón (p), Anxo 7, Mateo Negreira 1, Teo 5, Xoan 2, Jaime 5, Hugo Rguez 4, Jairo 2, Nico Díaz, Felix 1, Tajes 3, Victor 1, Roi Fdez 1.

PARCIAIS:

1-2/ 3-5/ 5-6/ 7-11/ 8-14/ 12-16/ desc./ 16-18/ 18-21/ 19-25/ 21-27/ 23-29/ 25-32.

ARBITRAXE:

Iván Alfonso

INCIDENCIAS:

Derradeira xornada da primeira volta de liga prata desputada no pavillón SanFranciscoJavier na Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *