
Sufrida e emocionante victoria das infantis dos Abogacia Canosa esta fin de semana en Tarrio ante un filial do Balonmán Guardés, un equipo que participa na máxima categoria do balonmán femenino e europeo.
Comenzaba o partido con lixeiras ventaxas no marcador xa que na fase ofensiva encontrabamos boas situacións de gol tanto no 1x1 coma nas situacións de continuación de balón.E na fase defensiva cun sistema 3;3 igual que o equipo visitante ,conseguiamos interceptar ou provocar pérdidas de balón no equipo visitante , isto daba pé a esas pequenas ventaxas que daban certa tranquilidad a xogar a fase ofensiva.
Co paso dos minutos os dous equipos entraron nunha dinámica de acertos en defensa e moitos fallos no ataque , o final da primeira parte 12-10 a prol do Abogacia Canosa.
No comezo da segunda metade , o equipo visitante apretou o Abogacia Canosa, ata empatar o partido , creando moito peligro no 1x1 despois de golpe franco, unha situación que o equipo resolveu xuntandose na zona central para poder defender esa acción que tanto peligro creou, unha vez solventada esa situación e conseguindo seguir mandando no marcador por 1 ou 2 goles, ainda asi o equipo sufriu xa que tivo que xogar nos ultimos 10 minutos con dúas exclusións moi importantes, sobretodo unha onde só quedaban 3 minutos de partido isto máis a lesión dunha xogadora , minimizaban o ataque cullerdense, ainda así o equipo foi capaz de saber levar as situacións en ataque e poder rematar o partido cunha victoria que pon ao equipo na metade da clasificación , terminando con este gran premio o traballo das nosas infantís nesta primeira parte da tempada.
Agora toca seguir traballando e descansar nestas navidades para coller forzar e volver para o seguinte repunte cometitivo .
Noraboa pola victoria e Forza Culle.
RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO ABOGACÍA CANOSA 26- BALONMÁN GUARDÉS 24
Bm Culleredo Abogacia Canosa: Sara Fernández, Sara Bello, Lucía López(5),Alicia Pérez(5),Thais Villaverde (1), Irene Rodriguez(8),Alba Fernández, Antía Ferreño(2),Claudia Soto(4),Maria Otero(1),Nadia Martinez, Evan Outón,Adriana Vázquez.
Bm Guardés: Maria Verde, Antia Juanario, Angela Martinez(1),Yasmine (1),Silvia Lomba(11),Sabela Lombán(4),Daniela Pacheco , Aroa Fernández, Daniela Alvarez(2), Vera Pazos, Uxia Tajadura.
PARCIAL CADA 5`: 4-2/6-3/7-4/9-7/12-10/13-11/15-13/16-15/17-17/19-18/21-20/23-21/26-24.
ÁRBITROS: Martina Regueiro e Iván Alfonso
INCIDENCIAS: Xornada 7 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no Pavillón Municipal de Tarrio , destacar a afección local polo seu compromiso e sobre todo polo seu bó comportamento .
