
Derradeira xornada de competición antes do parón de Nadal para os nosos equipos, que afrontan unha ilusionante xornada contra rivais directos e partidos de máxima emoción.
(IF) MILLAVÉN CENTRO JARDÍN CP LUCENSE VS BM CULLEREDO SUTENOR
O Sutenor desprazarase na mañá do sábado para medirse ás segundas clasificadas da Liga Prata. Prevese un partido complicado, pero o bo momento das nosas nenas e a ilusión coa que están a traballar de seguro que dan os seus froitos.
(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS
Recibe o Abogacía Canosa ao equipo de base do Guardés, equipo na máxima división estatal.
Os dous equipos buscan os dous puntos, xa que son rivais directos nos últimos postos da clasificación.
Máxima rivalidade nun partido que promete ser moi intenso e competitivo.
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS PORTALTEC BM CASELAS
O Balonmán Caselas é un rival que está a 3 puntos por debaixo do equipo de Culleredo.
Último partido do ano antes de coller un pequeno descanso na competición ligueira.
Unha victoria suporía seguir coa boa racha de victorias e un pouco mais cerca de ir acadando o obxectivo de estar nos postos altos da táboa clasificatoria.
O encontro terá lugar na maña do sábado 17 as 11:30 do Pavillón Municipal de Almeiras.
(CM) OAR CORUÑA 1952 VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING
Este sábado ás 4 da tarde no pavillón san Francisco Javier na Coruña, os nosos cadetes enfróntase na séptima xornada aos veciños coruñeses do Oar. Un derbi que de seguro estará marcado pola intensidade e polas gañas dos nosos de seguir amosando a liña ascendente da que veñen de encontros anteriores.
(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO
O Remax quere reencontrarse consigo mesmo.
Para iso está a entrenar con moita disciplina e ganas, todo isto pode sumar moito de cara a conseguir unha victoria moi importante.
(CM) BUEU ATL. BALONMÁN VS BM.CULLEREDO SWEEPEND
Último partido do ano para o BM.Culleredo Sweepend e saída complicada á difícil cancha do Bueu Atl. Balonmán. O encontro, que se disputará o Sábado no pavillón Pablo Herbello ás 10:30h, esixe máxima concentración e atención por parte dos cullerdenses se queren permanecer invictos e irse ao parón do Nadal como líderes en solitario da clasificación. O conxunto de Bueu nútrese de un grupo moi competitivo, especialmente cando actúa como local, equipo moi goleador e que xa puxo en problemas a máis dun rival con recursos importantes, por todo iso, o BM.Culleredo Sweepend deberá de continuar na súa liña regular defensiva para tentar superar a un rival que non llo poñerá nada fácil. Será vital que os de Culleredo consigan un marcador de algarismos baixos, onde con seguridade, terán máis posibilidades de éxito.
(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS BM CASELAS
O sábado 17 as 13:00 no Pavillón Municipal de Almeiras ,o Baia Edicións enfrontase a un rival que non quere cedelos puntos tan facilmente. De feito, esta posicionado por riva do equipo do Culleredo.
O equipo cullerdense quere despedilo ano con outra victoria e seguir ascendendo posicións na táboa clasificatoria.
(SM) DISPESÁN CAFÉ BM. PONTEDEUME VS BM CULLEREDO
O BM.Culleredo viaxará este Sábado ao pavillón da Casqueira, en Pontedeume, no que será o primeiro derbi provincial da tempada. Os de Culleredo deben de sacar proveito ao desprazamento en forma de vitoria se desexan permanecer no alto da clasificación e reencontrarse co bo xogo despois da derrota en Porriño. Non será un partido sinxelo, xa que os locais, sempre competitivos, especialmente cando actúan como locais, chegan con confianza renovada despois da súa vitoria en Carballal. Parece máis que evidente, que o BM.Culleredo deberá de mellorar as súas prestacións defensivas e volver aos algarismos de goles encaixados que non superen os vinte e cinco goles como máximo. Á vez, o ritmo vivo, a melloría na circulación da pelota e nas finalizacións en situacións de 2x2 co pivote, parecen puntos craves para que os de Culleredo finalicen este 2022 con dous novos puntos e en situación privilexiada.
