
O encontro non tivo a menor historia. As cullerdenses lle bastaron un par de contragoles seguidos para despegar no marcador.
O equipo de Culleredo sumou o seu primeiro triunfo,fora da casa, da tempada, na 6ª xornada da Liga de Prata, fronte ó Bm Arousa.
A sorpresa produciuse ó inicio do encontro, co equipo cullerdense aproveitando as concesións defensivas do equipo arousano, para poñer unha distancia no marcador.
O Culleredo cedia de vez en cando, pases claros e lanzamentos. Pero o Arousa tiña peor porcentaxe de acertos nos lanzamentos e pases impedindo que se aproximasasen no electrónico.
O Baía Edicións conseguiu outra importante victoria no Pavillón de Carril mandado dende os primeiros minutos e distanciandose no marcador.
As cullerdenses suman a súa terceira victoria consecutiva e mantense na metade da táboa clasificatoria.
O equipo local foi mellorando na segunda parte, con moitos máis disparos pero eran fallidos ou nos que se atopaba coa guardameta Aroa García baixo paus cá medida que transcurría o tempo, íase atopando máis segura e non puxo as cousas fáciles o equipo locatorio.
A próxima fin de semana non haberá xornada por mor das concentracións das selección galegas, polo que ata ó fin de semana do 17 de decembro non se xogará sendo a derradeira xornada de este ano.
Parcial cada 5 minutos: 1-3/2-6/3-8/4-9/7-13/7-17 Descanso 8-18/8-20/12-24/12-28/13-31/14-32 Final
BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 32 (17+15): Aroa Barbeito Casas, Carla Bello López (7), Marina Rodríguez Fernández (2), Carla Muiño Cancela (5), Aitana Tasende Domínguez (6), María Bescansa Alcoba (3), Sofia Gerpe Insua (3), Noa Insua Gómez (3), valentina martinez, Paula Peteiro Vázquez (1), carla corral (2)
Bm arousa: 14 (7+7):
Colexiados:. Juan Noya Rico. Excluíu dous minutos a Carla Corral, Carla Muiño polo equipo visitante e a tres xogadoras polo equipo local.
Incidencias: 6ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal Colexio de Carril. Con 20 persoas aproximadamente de público.
Resultados da xornada:
ASMUBAL MEAÑO – BALONMAN MOAÑA 34-28
BM CASELAS-BM BRIGANTIUM NUNEGAL 26-32
AACLINIC BM PABELLON-CORETI LALIN 21-36
BALONMANO PORRIÑO “B”- MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE 26-25
