Saltar ao contido

MERITORIOS DOUS PUNTOS PARA O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Pracido triunfo do Fisioterapia Benestar fronte o Bm Arousa.

Un choque que xa se resolveu na primeira metade 7-15 a prol do Culleredo.

O equipo visitante aproveitou as contras e as accións rápidas de gol para facerse co encontro.

O equipo arousano , último clasificado da táboa, chegou limitado de xogadoras pero aínda así plantou cara os primeiros compases do encontro

O equipo de arousa tiña varias opcións de xogo que descubrían ocos defensivos nunha defensa 6:0 mal vasculada.

A primeira parte caracterizada polas accións individuais das xogadoras do Culleredo despois de circulacións de balóns sinxenlas e algúna que outra contra provinte de roubos de balóns.

O Arousa algo mellorado con accións de intervección do pivote pero pouco acertado a hora de orientarse cara portería e atopándose cunha portería que ía cerrando ocos co pasar do tempo.

O distanciamento no marcador propiciou poñer en práctica o visto durante o adestramento desta semana das nosas.

Xa na segunda parte, un traballo defensivo con boas axudas e un pouco máis de ritmo a nivel ofensivo facían co Arousa dubidase a hora de facer bos pases e apareceron moitas perdas de balón, aproveitadas polas cullerdenses con rápidas contras que deron outro ritmo ao xogo.

O partido deu pe a que todas as xogadoras disfrutasen máis ou menos os mesmos minutos na pista e que non baixase o nivel de xogo.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 33 (15+18): Aroa Barbeito Casas, Lúa Fernández Núñez (1), Carla Muiño Cancela (8), Carla Corral Quian (2), María Bescansa Alcoba (8), Aitana Fernández Marzoa, Paula Peteiro Vázquez (5), Antía Ferreño Fernández , Valentina Martinez Fiuza (3), Aroa García Pena (1), Irene Rodríguez Fernández (4), Sara Fraga Fraga (1)

BM AROUSA 13 (7+6): Iria Stefanovski Garcia, Lola Lopez Abeijon, Ana Laura Carriel De Paula , Cristina Martinez Abal (1), Irene Diz Loroño (5), Sofia Alvarez Bandera(5), Nua Mariño Carrera , Isabella Vasquez Rodriguez , Eirin Rey Ageitos (1), Marta Rodriguez Barros(1)

Parcial cada 5 minutos: 3-2/4-4/5-7/6-11/7-12/7-15 Descanso 8-19/9-21/9-23/10-26/11-31/13-33 Final

Colexiados:. Juan Noya Rico. Excluíu dous minutos a Carla Muiño, polo equipo visitante e Lola López polo equipo local.

Incidencias: 6ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal colexio de Carril. Con 20 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

ASMUBAL MEAÑO- A RETORAL BM MOAÑA 39-32

PARTALTEC BM CASELAS - BM BRIGANTIUM NUNEGAL 32-20

COOLSPORT BM PABELLON -CORETI LALIN 28-37

BALONMANO PORRIÑO “B”- OS DO COUTO BM CAÑIZA 20-39

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *