Saltar ao contido

O derbi cadete do Culle, decántase polo ‘Galaico Caravaning’.

O pasado sábado, os dous grupos cadetes de liga prata do BalonmánCulleredo, Remax e Galaico Caravaning, enfrontábanse nun derbi apaixoante entre compañeiros, cun cheo nas gradas do Municipal de Almeiras e cun ambiente inmellorable.

Na primeira metade , comezaban impoñendo ritmo os do Remax, que cunha maior solvencia ofensiva, conseguían rendas de ata tres e catro tantos. Os de Galaico non eran quen de frear as transicións rápidas do Remax e non foron capaces de impoñer algo de igualdade ata os intres fináis do primeiro tempo. Nos últimos dez minutos, e logo dun tempo morto, Galaico conseguía acercarse no luminoso e conseguir o empate con dúas recuperacións de balón consecutivas, para chegar así ao final dos primeiros trinta minutos.

Na segunda metade, os de Caravaning trocaban a dirección do encontro impoñendo o seu ritmo en ataque, moito máis disciplinado, e cunha defensa moito máis organizada e contundente. Caravaning conseguía así o seu primer parcial favorable. Según ían transcurrindo os minutos, Caravaning asentábase no encontro conseguíndo aumentar a súa renda pouco a pouco ata chegar os oito tantos cos que chegaríamos ao final do envite.

Derbi de competitividade e deportividade entre os dous conxuntos cullerdenses. Cas gradas de Almeiras ateigadas, estes rapaces fixeron desfrutar a máis dun centear de siareiros cunha actuación de dez.

Noraboa aos dous grupos, seguimos traballando rapaces!!!!!!

FORZA CULLE!

GOLES:

Galaico : Anxo 5, Teo 7, Félix 2, Hugo Rguez 10, Mateo Pérez 2, Jairo 4, Roi 3, Jaime 1, Nico Díaz 2, Xoan, Victor, Mateo Negreira, Álex Tajes, Gael, Hugo Díaz (p), Roi Mourón (p).

Remax: Álvaro 9, Iago Vázquez 7, Mario 1, Jorge 3, Diego 1, Nico Arias 1, Bieito 1, Matías 3, Fabián 2, Lucas, Pablo, Allegue, Rubén (p), López (p)

PARCIAIS:

1-4/ 3-7/ 8-11/ 12-14/ 16-16/ 20-18/ 22-22/ 24-23/ 27-23/ 29-24/ 31-26/ 36-28.

ARBITRAXE:

Lucas Sánchez e Daniel González.

INCIDENCIAS:

Sexta xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras entre os nosos dous grupos cadetes, Remax e Galaico Caravaning, cunha gran entrada de siareiros do Culle que animaron e desfrutaron do derbi cullerdense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *