Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia non deixa a senda da vitoria

Unha xornada máis para o noso xuvenil masculino de Liga Prata onde nos correspondía recibir aos nosos veciños do ALS Xiria.

Pese a afrontar o partido con algunhas baixas, o equipo tiña claro que o único resultado que nos valía era o da vitoria, e así, desde o primeiro minuto, foi o Culleredo o que marcaba o ritmo. Unha defensa moi intensa, apoiada ademais pola boa labor de Javi Ansede na portería, facían que durante todo o partido os nosos dispuxeran de moitas opcións de correr o contraataque, e desde o mesmo inicio do partido, o Culle levou o mando no marcador.

Nos primeiros minutos as diferencias non eran grandes, e o Xiria, poñendo moita velocidade ao seu xogo, aínda conseguía facer dano na defensa local, pero os nosos, sempre por diante.

Conforme pasaban os minutos, o Culle conseguía controlar os rápidos ataques dos carballeses, e as diferencias íanse agrandando, para chegar ao descanso cun xa claro 18-12.

Na segunda parte, as cousas non sufriron cambios relevantes, e o Culle, xogando moitos minutos cun equipo case na súa totalidade de categoría cadete, mantiña sen problemas unha vantaxe no marcador de entre 6 e 9 goles.

Ao final, simplemente controlando o resultado, un claro 35-28 que reflectía a superioridade que os nosos tiveron durante todo o encontro. Unha xornada máis na que o equipo se mantén invicto.

Culleredo Óptica Gallaecia 35 (18 + 17): Atalo Bello, Bruno Pardo (2), Lucas Sánchez (5), Diego Sala (2), Javier Ansede, Aarón Blanco, Nicolás Vázquez (5), Xoel Insua (1), Antón Pérez (2), Álvaro Siso (4), Diego del Río (6) e Juan Francisco Pazos (8).

ALS Xiria ‘B’ 28 (12 + 16): José Manuel Negreira (3), Miguel Cambón (2), Yago Sande (2), Pablo Suárez (4), Hugo García (5), Manuel Pérez (7), Manuel Rey (3) e Ángel Villar (2).

Resultado cada 5 minutos: 3-2 / 5-4 / 8-6 / 12-9 / 16-10 / 18-12(D) / 20-15 / 21-17 / 24-17 / 27-19 / 32-24.

Árbitro: José Henrique Folgoso.

Incidencias: partido correspondente á octavo xornada do Grupo 1 da Liga Prata xuvenil masculina disputado no Pavillón de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *