Saltar ao contido

O NOSOLOMADERA NON CONSEGUE SUPERAR O CHAPELA

Buscaba o equipo cullerdense a segunda victoria consecutiva , pero non puido ser , un bó Chapela logra a victoria.

Comezaba o partido moi igualado, os nosos non encontraban a maneira de frear o ataque vigués, a fase defensiva tampouco estaba mal pero o Nosolomadera seguia encaixando goles, isto máis os erros de lanzamento provocaba que co paso dos minutos o Chapela tivera unha minima ventaxa entre 1 e 2 goles. Na fase ofensiva moito desacerto no lanzamento , e só nos minutos finais cun acerto de xogo colectivo e un cambio no rol defensivo poderia o Nosolomadera poder empatar o partido novamente e irse o descanso 14-14.

Na segunda metade , quizaís foi a mesma tónica do partido o Nosolomadera comezaba defendendo moi ben o ataque vigués pero na fase ofensiva o equipo cullerdense estivo moi individualizado e apenas aparecia o xogo colecitvo que tanto apreciado é no modelo de xogo do equipo cullerdense. Este aspecto do xogo individualizado e os fallos de lanzamento foron unhas das claves do encontro , sen ter acerto o fuidez nesa fase o equipo foino pagando xa que o Chapela seguia marcado gol, isto abriu unha brecha no marcador e acrecentouno máis nos minutos finais coa defensa moito maís aberta do equipo cullerdense.

Derrota que ten que servir para aprender xa que entra na parte do xogo . Toca facer autocrítica na cohesión e toca potenciar o xogo colecitvo fronte o individualismo . Hay unha mellora na fase defensiva pero toca seguir traballando nela.

Agora descanso no parón para poder logo seguir afrontando novos retos.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL:

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 25- BM CHAPELA 28

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Hugo García, Jorge Amor, Xoán Canedo Prego (8), Jairo Candamio (7), Teo Gómez(4), Iván Gantes(1),Alejandro Soto, Diego Rodriguez, Hugo Bermúdez(4),Xoán Seoane (1),Alexis Martinez.

BM CHAPELA: Mateo Lago(5), Lois Alonso (15), Nicolas Alonso(3), Hugo Fernández(3),Sergio Vila, Oscar González, Javier Garcia, David Extremadura, Mario Fernández.

PARCIAIS CADA 5`: 3-3/5-6/8-9/10-12/14-14/17-17/20-21/21-23/22-27/25-28

ÁRBITROS: Iván Alfonso y Francisco Leira.

INCIDENCIAS: Xornada 6 na liga de Ouro infantil masculina disputado no pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *