Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Primeira xornada deste mes de decembro e teremos nin máis nin menos que 21 partidos para o noso clube! Dentro desta xornada hai 2 partidos destacados, comezando polo derbi na Liga Prata cadete masculina que enfrontará aos nosos 2 conxuntos da categoría e o equipo senior que viaxará a Porriño enfrentarse a un dos rivais máis duros da competición coa idea de poder gañar para seguir líderes e invictos.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS BM BRIGANTIUM NUNEGAL

Nova xornada para o Sutenor, que tralo complicado partido fronte ao Abegondo, terá esta semana un novo encontro ante o Brigantium. Un partido que será moito máis igualado e que de seguro que teremos as nosas oportunidades para quedarnos cos 2 puntos.

(IF) CORETI LALÍN VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

O Abogacía Canosa visita ao Balonmán Lalín, un equipo que se atopa a tan só dous puntos, as nosas queren a terceira vitoria seguida e o Lalín redimirse da derrota en Lavadores.

(IM) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Tócalle aos nosos infantís de prata xogalo partido máis duro da tempada, un encontro que nos enfrontará ao CP Lucense, equipo moi forte, con presenza dun dos seus xogadores incluso na selección galega. Van os nosos a Lugo cheos de ganas para poder pelexar o partido e intentar que salte a sorpresa.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS BALONMÁN CHAPELA

O Nosolomadera busca ante o Balonmán Chapela encontrar as boas sensacións na fase defensiva e poder loitar pola vitoria. 

(CF) BM AROUSA VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar e Bm Arousa enfrontaranse o sábado 3 de novembro na 6º xornada da Liga de Prata categoría cadete feminino.

O encontro dará comezo as 16:30 e disputarase no Pavillón Municipal Colexio de Carril.

Logo da derrota colleitada a fin de semana pasada, o equipo cullerdense sairá a loitar polos dous puntos para non descolgarse das posicións de arriba.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Derbi entre os nosos equipos de Liga Prata, no que se promete que será un gran partido e no que poderemos ver bo balonmán. Non vos perdades esta gran ocasión o sábado ás 18:30 en Almeiras.

(CM) BM. CULLEREDO SWEEPEND VS CISNE COLEGIO LOS SAUCES

Despois do extraordianrio resultado da pasada fin de semana ante un dos favoritos ao título, o BM.Culleredo Sweepend afronta outro encontro de máxima esixencia este próximo Sábado. O Cisne colegio Los Sauces, chega a Culleredo como líder invicto, do mesmo xeito que o era a semana pasada o Grupo Lemaco Xiria "A". Cisne e BM.Culleredo Sweepend, son, polo tanto, os dous únicos equipos que permanecen invictos nesta liga Ouro e os locais, afrontan con ambición este envite, coa ilusión de conseguir dous novos puntos que os deixen como lideres da competición en solitario. Para iso, os cullerdenses deberán de completar outro encontro coa máxima regularidade e seriedade ao longo dos sesenta minutos, apoiándose unha vez máis no seu gran rendemento defensivo. A tarefa non será fácil ante un rival sobresainte, pero os de Culleredo esperan completar outro gran partido para imporse ao bo conxunto pontevedrés. O encontro dará comezo ás 13:00h no polideportivo de Almeiras.

(XF) BM AROUSA VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

O BM Culleredo Baía Edicións enfrontase o Bm Arousa Juvenil Femenino este sábado, 3 de novembro, na 6º xornada de liga. O encontro disputarase no Pavillón Municipal Colexio de Carril a partir das 18:30

As cullerdenses chegan o encontro trala segunda victoria consecutiva. O Arousa, sen embargo, chega coma sen haber gañado ningún encontro esta tempada e coma colista do grupo. A pesar da súa posición, non hai que fiarse e as de Culleredo deberá ser un equipo moi serio e facer un bo partido, sobre todo defensivamente.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS ALS XIRIA “B”

Este sábado os xuvenís de liga prata comezan a segunda volta desta primeira fase de liga, sendo primeiros e a 5 puntos do segundo.

Nesta xornada os nosos tentarán seguir pola senda da victoria e manter as boas sensacións dos últimos dous encontros. Seguimos rapaces

(XM) BALONMANO RECONQUISTA DE VIGO VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Tócanos esta xornada desprazarnos a terras viguesas para enfrontarnos ao Iberconsa Reconquista, equipo que se encontra na parte baixa da clasificación, aínda que é certo que conta con dous partidos menos, por telos aprazado no seu momento.

O noso equipo segue no camiño de corrixir as perdas de balón que lastran o noso xogo de ataque, e que fan que aínda que sexamos quen de plantar cara a calquera, conseguir un partido completo ao noso máximo nivel, sexa unha tarefa complicada. Pero estamos seguros de que cada vez estamos máis preto de logralo, e a motivación non nos falta para intentar que sexa esta semana.

(SM) INDUPOR BM. PORRIÑO VS BM CULLEREDO

Duelo ao grande este Domingo no municipal de Porriño e é que Indupor BM.Porriño e BM.Culleredo, enfróntanse nun choque de dous dos favoritos ao título nun partido importante para ambos os conxuntos. Os locais non poden ceder outros dous puntos se queren manterse preto dos cullerdenses e estes, desexan permanecer como lideres invictos e afastar ao seu rival ata os catro puntos de diferenza. O interrogante, será ver como afronta o BM.Culleredo este envite despois de dúas semanas sen ritmo de competición e como é capaz de responder nunha pista e ante un rival dos máis complexos da categoría. Parece evidente que os xogadores do BM.Culleredo deberán de ofrecer o mellor partido do que vai de competición se queren sumar os dous puntos, un encontro sen fisuras, sen erros e cun nivel defensivo altísimo ante o potencial dos do Porriño. O encontro dará comezo ás 18:00h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *