Saltar ao contido

O Bm Culleredo Sutenor segue a mellorar

Este domingo as nosas rapazas do Bm Culleredo Sutenor afrontaban un difícil desprazamento a Abegondo, donde terían que loitar contra un equipo moi duro.

Viñan as nosas nun bo momento, pero tocáballes xogar contra un equipo moi complicado como é o Abegondo, que conta cunha xogadora diferencial nesta categoría pola súa potencia física.

Na primeira parte puido verse un partido moi igualado ata o minuto 20, coas nosas moi concentradas a nivel defensivo e cerrando con éxito as posibilidades do equipo rival. Á vez, en ataque, conseguíamos atopala forma de superar a presionante defensa rival xogando sen o balón para sacar unha ventaxa. Sen embargo os derradeiros 5 min desta primeira parte serían un cúmulo de erros e pérdidas que permitían ao Abegondo irse 7 goles arriba ao descanso.

Xa na segunda parte, con menos forzas e un marcador complicado, intentaron de novo volver ao partido, pero Rosalía dende o pivote foi unha dor de cabeza para as nosas, véndose superadas pola súa enorme forza en cada acción incluso tentando frenala entre 2 xogadoras.

Se a todo isto lle sumamos o cansancio e os múltiples erros de lanzamento fainos moi difícil poder seguir competindo, pero iso si, as nosas nunca deixaron de loitar.

Hai que sacar en claro deste encontro, que sen dúbida estas rapazas están a mellorar, sendo reflexo disto os primeiros 20 min, pero aínda nos queda moito traballo por diante para poder competir cada partido.

Destacar a actuación da nosa porteira Sara Bello que, comezando este ano a adestrar neste posto, está a ter notables actuacións, detendo balóns en situacións claras e parando 4 penaltis neste encontro.

Bm Abegondo: 28 (15+13) Elena (P), Rosalía (17), Daniella (2), Carla Suárez, Carlota, Noa (6), Sara Moar, Adriana, Sara Roel, Lucía (1), Carla Barros (3).

Bm Culleredo Sutenor: 13 (8+5) Sara Bello (P), María Otero (1), Uxía Otón (1), Sara Villar (2), Aitana Gestal, Inés Argiz (1), Adriana Vázquez (1), Eva Outón (5), Noa Otón (2), Antía García, Cintia Míguez.

Resultado cada 5 minutos: 1-2 / 6-3 / 8-6 / 10-7 / 15-8 / DESCANSO / 17-9 / 19-9 / 21-10 / 25-11 / 28-13 / FINAL

Árbitros: Paula Peteiro e Azucena Reboredo.

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Prata infantil feminina desputado no Pavillón de San Marcos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *