Saltar ao contido

O Climanosa quédase moi cerca da 5ª vitoria consecutiva

O pasado sábado afrontaba o Bm Culleredo Climanosa un partido moi complicado na Liga de Prata infantil masculina fronte aos veciños do OAR.

Prevíase un partido complicado, contra un equipo antropométricamente superior e con unha moi boa defensa. Comezou mal o Climanosa, con desaxustes defensivos e erros claros de lanzamento, o que lle daba unha ventaxa dende o comezo aos visitantes, estando o marcador 1-4 no minuto 10. Tras un tempo morto, puidemos correxir os erros defensivos, aparecendo máis as axudas e sendo máis sólidos na zona central, o que nos deu a posibilidade de roubar balón e subir rápidamente ao contraataque, chegando a empatalo partido antes do descanso.

Ao comezo da segunda parte as dúbidas e a tensión do partido fixeron mella nos nosos, que comezaban a precipitarse e cometer erros en situacións moi favorables aos que non nos teñen acostumados. Con isto aproveitaba o OAR para sacar rentas de ata 4 goles, pero se por algo se caracteriza o Climanosa é porque non se renden a pesares da situación de partido e con 10 minutos de moi bo xogo conseguimos volver a meternos en partido, con moita velocidade de balón e tomando decisións acertadas. Sen embargo esta adrenalina e o verse superando ap rival, despois de ir case todo o partido por detrás, derivaron en precipitación por parte dos nosos, que a falta de 2 min tomaban 2 malas decisións de lanzamento e deixaban o encontro nun empate que sabe a pouco.

Destacalo enorme progreso destos rapaces, que sendo todos de 1º ano están a facer un gran traballo, pero non podemos relaxarnos e toca seguir traballando moito máis para seguir superándonos.

Bm Culleredo Climanosa: 22 (8+14) Hugo Nodar (P), Iago Bolaños (P), Diego Bermúdez, Martín Casal (1), Iván Gantes (4), Xoel González, Alejandro Soto (6), Isaac Lorenzo (4), Jacobo García, Antón Rodríguez, Mauro Fernández (2), Pablo Penelas (5), Guillermo Blanco.

OAR Coruña1952: 22 (8+14) Bruno, Santiago, Sergio (7), Nicolás Cid (5), Carlos, Marcos, Martín, Tomás (1), Manuel, Isayas (2), Nicolás Gamas (7), Sorin.

Resultado cada 5 minutos:  1-2 / 1-4 / 5-6 / 7-8 / 8-8 / DESCANSO / 10-12 / 13-16 / 17-19 / 18-20 / 22-22 / FINAL

Árbitros: André Pena, correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Prata infantil masculina desputado en Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *