Saltar ao contido

UNHA VICTORIA TRABALLADA DO BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS NA SÚA CASA

A fin de semana, deixounos outra victoria consecutiva do Bm Culleredo Baía Edicións ,no Pavillón Municipal de Almeiras, que se impuxo o Asmubal Meaño por 28-25.

Desta forma, o xuvenil feminino suma a súa segunda victoria consecutiva e ascende na táboa clasificatoria a 6ª posición da Liga de Prata.

As cullerdenses ofreceron unha imaxe moi sólida como equipo, a pesar dalgunha xogadora que esta xogando lesionada, e impuxo o seu ritmo de partido con boas defensas e efectividade en ataque, algo que lles serve para seguir afrontando esta nova e ilusiónante tempada.

A pesar de ir cunha pequena vantaxe en todo o encontro, resultou ser vital para conseguir unha victoria moi sufrida.

O Bm Culleredo mandou durante todo o encontro no marcador.

Gran labor deste equipo que pouco a pouco vai collendo o ritmo desta competición despois dun inicio duro con varias derrotas consecutivas.

De seguro que seguiremos desfrutando de máis partidos coma o do sábado

BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 28 (16+12): Aroa Barbeito Casas, Carla Bello López (5), Marina Rodríguez Fernández (11), Carla Muiño Cancela (4), Aitana Tasende Domínguez (3), María Bescansa Alcoba, Sofia Gerpe Insua (2), Noa Insua Gómez, Lúa Fernández Núñez, Paula Peteiro Vázquez (1), Valentina Martínez Fiuza (1), Paula Vidal Rouco (1)

ASMUBAL MEAÑO JUVENIL FEMENINO 25 (13+12):Ángela Chan Radio, Xisela López Fernández, Uxía Varela Bouzada, Andrea Domínguez González 85), Lucia Vilar Casal (3), Celia Besada Dovalo, Sofía Gallego Domínguez (1), María Dopazo Dovalo (2), Sabela García Padin (4), Aldara Gorrita Carballa (2), Iria Otero Lage (2), Lidia Chan Radio (2), Zaira Otero Fraga (4)

Parcial cada 5 minutos: 3-0/5-3/8-7/13-12/14-12/16-13 Descanso 18-15/20-17/22-20/22-20/27-23/28-25 Final

Colexiados:. Andre Pena Muiños. Excluíu dous minutos a Carla Muiño, Valentina Martiños, Aitana Tasende polo equipo local e a Xisela López, María Dopazo polo equipo visitante.

Incidencias: 5ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 60 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BM BRIGANTIUM-BM AROUSA JUVENIL FEMENINO 52-19

CORETI LALIN-BM CASELAS 24-27

MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE-AACLINIC BM PABELLON 22-21

BALONMAN MOAÑA-BALONMANO PORRIÑO “B” 23-27

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *