Saltar ao contido

O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR PERDE O SEU PRIMEIRO ENCONTRO

O equipo cadete feminino colleitou a súa primeira derrota contra un rival o cal leváballe 2 puntos de diferenza. Tal foi a cousa co Meaño tras gañalo encontro, provoca unha tripla empate a puntos na segunda posición da táboa clasificatoria.

O sábado pola tarde, disputábase o encontro en Almeiras. As pequenas guerreiras acusaron a gran diferenza de goles que impuxo o Meaño na segunda parte.

O encontro comezaba axustado pero as sombras defensivas, apareceron a partir do minuto 16 da primeira parte onde o equipo visitante comezou a despexarse na diferenza de goles.

As cullerdenses plantaron cara especialmente nos 10 últimos minutos do encontro recortando a diferenza de goles, pero non foi suficiente para levarse a victoria.

Rompiase así a racha de catro victorias consecutivas.

Aínda así, mostraron unha grande actitude fronte o resultado e ilusión que terá a súa recompensa nun futuro próximo.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 39 (17+22): Aroa Barbeito Casas, Lúa Fernández Núñez (1), Carla Muiño Cancela (5), Carla Corral Quian (2), María Bescansa Alcoba (3), Aitana Fernández Marzoa, Paula Peteiro Vázquez (5), Antía Ferreño Fernández , Valentina Martinez Fiuza (10), Aroa García Pena (1), Irene Rodríguez Fernández (12), Sara Fraga Fraga

ASMUBAL MEAÑO 45(24+21): Angela Chan Radio (3), Alba Domínguez González (4), Andrea Domínguez González (2), Lucia Vilar Casal (10), Soraya García Prado (1), Sofía Gallego Domínguez (2), Iria Otero Lage (4), Lidia Chan Radio (10), Raquel Muñiz Díaz (8), Lucia Lorenzo Lores, Noa Rodríguez Pazos (1), Tania Arosa Varela

Parcial cada 5 minutos: 4-4/7-6/8-10/9-15/14-19/17-24 Descanso 19-30/23-34/25-37/28-39/34-42/39-45 Final

Colexiados:. Andre Pena Muiños. Excluíu catro minutos a Carla Muiño, dous minutos a Carla Corral e Aitana Fernández polo equipo local e a Alba Domínguez, Andrea Domínguez e Iria Otero polo equipo visitante.

Incidencias: 5ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 60 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - BM AROUSA 14-14

CORETI LALÍN - PORTALTEC BM CASELAS 25-25

OS DO COUTO BM CAÑIZA - COOLSPORT BM PABELLÓN 24-27

A RETORAL BM MOAÑA - BALONMANO PORRIÑO "B" 33-37

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *