Saltar ao contido

O SWEEPEND RESPONDE CON BRILLANTEZ ANTE A MÁXIMA ESIXENCIA

Este pasado Domingo, o Grupo Lemaco Xiria "A" e o BM.Culleredo Sweepend dábanse cita no pavillón do CEIP Fogar de Carballo nun duelo de titáns. Os dous conxuntos, que acudían á cita como lideres invictos, prometían fortes emocións no duelo provincial, máis se cabe ao tratarse de dous equipos chamados a optar polo campionato galego.

Despois dun intercambio de "golpes" nos primeiros instantes, nos que ambos os conxuntos mostraban o poderío atacante da súa primeira liña, os cullerdenses asomaban a cabeza no electrónico, con vantaxes dun e dous goles. O equipo local xogaba as súas bazas para non distanciarse en exceso, a propósito que o envite prometía ser moi longo. Estas previsións que auguraban unha clara igualdade, romperíaas o BM.Sweepend na primeira superioridade numérica e a continuación, mantendo a Alejo no avanzado da 5:1. Esta defensa profunda e proactiva, conseguiría desarbolar á primeira liña do BM.Xiria, provocando diversos erros encadeados que daban lugar a rápidos contraataques. Os dez últimos minutos do primeiro tempo foron claramente do conxunto de Culleredo, que conseguía un parcial de 5-11 para retirarse ao vestiario no tempo de desacanso cunha cómoda vantaxe de 13-20.

De forma intelixente e a propósito de que o rival posuía moitos argumentos para voltear o marcador, os xogadores do BM.Culleredo saíron no segundo acto co obxectivo de controlar o ritmo do encontro, dándolle pausa ou aumentando a velocidade segundo interesase. Neste contexto e coas forzas xa fraqueando, o BM.Grupo Lemaco Xiria "A afastábase co paso dos minutos da opción da remontada e os cullerdenses aumentarían a diferenza para facerse cos dous puntos en xogo e un golaverage que pode ser moi importante de cara a a clasificación final.

Grupo Lemaco Xiria “A”: 27 (13+14). Samuel Soneira (P), Antón Pardiñas (P), Brais Suárez (1), Máximo Andrés Díaz, Nicolás Cancela (2), Henrique Traba (8), Álvaro García, Diego Mourelle (1), Marcos Suárez (1), Aday Gómez, Simón Viña (1), Marcos Varela (8), Jorge Rodríguez (5), Daniel Periscal.

 BM. Culleredo Sweepend: 39 (20+19). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello (4), Iago Vázquez (1), Jaime Serrano (2), Adrián Veira (3), Iván Sánchez (6), Aaron Blanco (1), Antón Pérez, Samuel Seijas (10), Josemi Martínez (5), Nicolás Casal, Alejo Martínez (4), Anxo Negreira (3).

Parciais cada 5´: 2-2 / 5-4 / 6-8 / 8-9 / 11-15 / 13-20 / Descanso / 15-23 / 17-27 / 21-30 / 21-33 / 24-37 / 27-39 / Final.

Colexiados: Renzo Martín Díaz e Christian García. Sen complicacións.

Incidencias: Xornada nº5 na Liga Ouro en categoría cadete masculino e primeiro derbi provincial nesta competición. Encontro disputado no pavillón do CEIP Fogar de Carballo con un centenar de siareiros nas bancadas, tanto siareiros de Xiria como do BM.Culleredo. Moi bo ambiente de balonmán e excelente comportamento das dúas aficións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *