Saltar ao contido

Importante victoria para o CM `GalaicoCaravaning´.

Este domingo, o grupo CM de liga prata Galaico Caravanig, recibía en Almeiras a un histórico do balonmán galego, o Balonmán Camariñas, na quinta xornada.

Os de Culle, desexosos dunha nova victoria, encaraban este encontro con baixas importantes pero coa convicción de facelas cousas ben e non deixar que eses dous puntos se foran para Camariñas.

Na primeira metade, o electrónico amosaba igualdade entre ambos bandos, non fumos quen de conseguir a primeira renda importante ata case o final deste primer asalto. A nosa defensa era solida no bloque central pero a ausencia de pernas e maior contundencia, poñía as cousas fáciles ao ataque rival, ademáis o noso ataque propiciaba cuantiosas perdas e erros de lanzamento. Malia iso, os nosos pouco a pouco ían entrando no partido e tan só era cuestión de tempo que os nosos encontrasen o camiño no encontro.

Na segunda metade, os nosos saían convencidos de que a victoria tiña que ser nosa, e tirando de pundonor e orgullo conseguimos manter a concentración e facer efectiva a nosa renda ata o final do partido, chegando ao minuto sesenta, tres tantos por enriba dos camariñáns.

Victoria importante para estos rapaces que melloran as sensacións de xornadas anteriores e amosan unha mellor cara. Seguimos traballando!!!

FORZA CULLE!

BmCulleredo GalaicoCaravaning 33-30 BalonmánCamariñas4

GOLES:

Culle: Hugo Rguez 11, Roi Fdez 4, Teo López 4, Alex Tajes 3, Jairo Miguez 3, Felix Noya 3, Mateo Pérez 2, Gael Fdez 2, Mateo Negreira 1, Roi Mourón, Hugo Díaz, Victor Laya.

Camariñas: Fabio Pasantes 15, Daniel Paz 11, Anxo Vigo 2, Lucas García 1, Brais Dono 1, Leandro Canto, Xaquín Hermida, Lucas García.

PARCIÁIS:

3-5/ 7-8/ 11-11/ 13-13/ 16-13/ 18-15/ desc./ 19-17/ 21-20/ 24-23/ 27-25/ 30-28/ 33-30/ fin.

ARBITRAXE:

Renzo Martín e Christian García.

INCIDENCIAS:

Carta xornada de liga prata cadete desputada no municipal de Almeiras con boa entrada de siareiros do Culle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *