Saltar ao contido

O ABOGACÍA CANOSA EN BOA DINÁMICA

Nova victoria das nosas infantís do Abogacía Canosa que conseguen a sua segunda victoria consecutivamente. Esta vez e novamente ante un rival directo na clasificación polos postos de abaixo.

Comezaba o encontro coas nosas infantís moi disciplinadas na fase defensiva levando moi ben o plan do partido,sempre coa intención de roubar o balón ou defender co moito rigor as embestidas do equipo rival .

Isto e velocidade no ataque , facia que no minuto 10 da primeira parte o equipo cullerdense tivera unha ventaxa de 5 goles no marcador. A intensidade e disciplina defensiva e sobretodo as axudas defensivas no momentos adecuado resultaban moi positivas para o cuadro cullerdense , que cando non estaba acertado na fase defensiva Sara Fernández aparecia para poder axudar as súas compañeiras, isto era un plus para o equipo que acababa a primeira parte cun 16-9 no marcador .

A segunda metade tivo a mesma tónica unha intensidade defensiva moi boa por parte do cullerdense que só concedía lanzamentos por zonas exteriores e un ataque que moi correcto pero desarcetado nos momentos finais . Pero como viñamos dicindo o acerto estaba na fase defensiva que co paso dos minutos ia crecendo ata roubar certos balóns que daban moita tranquilidade para afrontar os uítmos 10 minutos do partido .

Destacar novamente a participación de todalas xogadoras aportando cada unha o seu graniño de area para poder acadar a victoria e ter boas sensación para a próxima xornada.

Bó traballo e felicidades. Forza Culle.

RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO ABOGACIA CANOSA 27- BM CASELAS 19.

BM CULLEREDO ABOGACIA CANOSA: Sara Fernández, Lucia López(2), Irene Rodriguez(14), Alicia Pérez(6), Aldara Piñeiro, Claudia Soto(3), Alba Fernández(1) Antia Ferreño (1),Thais Villaverde,

BM CASELAS: Lara Ferreira, Antia Martinez(1), Elena Barreiro(2), Maria Estevez(6), Lisbeth Guitian (1), Marta Santamaria (3),Uxia Martinez(3),Claudia Barros(1),Sara Fernández(2).

PARCIAIS CADA 5`: 4-2/8-3/10-6/13-9/16-9/20-11/22-12/24-13/26-16-27-19

ÁRBITROS: LUCAS SANCHEZ, DANIEL GONZÁLEZ.

INCIDENCIAS: Xornada 5 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pavillón municipal de Almeiras en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *