Saltar ao contido

O ÓpticaGallaecia segue en racha e convértese no campión da primeira volta!

Este domingo o grupo xuvenil de liga prata, o ÓpticaGallaecia, recibía no municipal de Almeiras ao Línea21 na séptima xornada, correspondendo a un interesante derbi provincial.

O partido comezaba irregular para os nosos, encaixando un parcial inicial de 1-3 que se mantería no electrónico ata case o final da primeira metade. A nosa defensa non era quen de frear as continuas envestidas dos de Mesoiro, liderados polo seu central. Malia iso, conseguíamos situacións claras en ataque nos 6m, onde os erros de lanzamento non nos permitían alonxarnos. Este foi o ritmo nos primeiros 20 minutos do encontro, ata que por fin, comezamos a subir a intensidade defensiva, axudándonos entre os postos colindantes e así poder explotar a nosa primeira e segunda ondada cara a portería rival, facendo efectivos dous tantos que nos daban a victoria momentanea no final da primera metade.

No segundo tempo, os de Mesoiro escasos de efectivos e cunhas forzas xa mermadas, non eran quen de frear as continuas transicións rápidas que os nosos aproveitaban ata conseguir rendas altas de catro e cinco tantos. A nosa defensa seguía a subir a intensidade e por fin éramos quen de encontrarnos a gusto no 40x20, e así manter e aumentar a diferenza no electrónico ata a renda de nove tantos que levaríamos ata o remate do envite.

Así conseguíamos a séptima victoria consecutiva en liga que proclámanos campións de inverno, invictos e con cinco puntos de diferenza dos segundos. Seguimos traballando, aínda queda moito, imos por bo camiño!!!!!!!

FORZA CULLE!

BmCulleredo ÓpticaGallaecia 35-24 Línea21

GOLES:

Culle: Javi, Juanma, Lucas 8, Nico V 8, Diego Sala 5, Xoel 2, Fariña 3, Diego del Río 5, Aaron 1, Antón 2, JuanFran 1, Álvaro, Anxo.

Linea21: Aller 14, Daniel Glez 3, Adrián Novío 3, Marcos Abeleira 2, Marcos Vázquez 2, Diego Franqueira, Xavi Oreiro, Hugo Santiago, Isaac García, Victor Pérez, Hugo Bello, Jorge Sánchez.

PARCIÁIS:

1-2/ 5-7/ 7-9/ 9-10/ 11-11/ 15-13/ desc./ 17-15/ 20-17/ 24-18/27-22/ 30-23/ 35-24/ fin.

ARBITRAXE:

Renzo Martínez e Christian García.

INCIDENCIAS:

Séptima xornada de liga prata cunha gran entrada de público no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *