
Derbi provincial nesta liga de Ouro , disputado en Carballo , no que predominou a igualdade.
Un encontro moi igualado onde os ataques gañaban as defensas . O Nosolomadera non saiu disciplinado na fase defensiva e iso o pagou moi caro en todo o encontro , xa dende o principio o equipo local conseguia goles, mediante transformacións e desmarques da segunda linea como en lanzamentos dende 9 metros. O equipo cullerdense non estaba cómodo na faceta defensiva , por sorte en ataque si que conseguia o máis preciado o gol , ainda asi certos fallos de lanzamento no principio de partido facia que o marcador estivera moi igualado . Só a falta de 10 minutos parecia que o Nosolomadera poderia abrir unha pequena brecha , e iase o descanso con 3 goles de ventaxa.
17-20 no descanso .
Na segunda metade o equipo local en 5 minutos reduciu a ventaxa cullerdense a un gol , a iniciativa a levaba o Xiria de Carballo que con unha inteceptacións de balón na fase defensiva e un bó xogo colectivo en ataque conseguian darlle a volta o marcador e poder dominar o encontro con 2-3 goles enriba no marcador. O Nosolomadera non estaba cómodo e non era capaz de marcar o ritmo de partido na fase defensiva, isto trastocaba moito o plans dos cullerdenses que vianse na obriga de roubar algún balón para poder acortar as distancias. A falta de 10 minutos Alexis foi quen de roubar e provocar dudas no ataque carballés e o Nosolomadera sí con fluidez e coraxe no ataque puido darlle a volta ao marcador e poder conseguir esa victoria tan ansiada no derbi provincial .
Noraboa aos dous equipos polo bó partido disputado pero queda moito que traballar sobretodo na fase defensiva por parte do Nosolomadera.
Seguimos traballando , Forza Culle.
RESULTADO FINAL :. E.M BM XIRIA 32- BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 36
PARCIAIS CADA 5`: 3-4/6-6/11-11/14-16/17-20/20-21/25-23/28-25/31-31/32-36
BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 20+16: Hugo Garcia, Jorge Amor, Adrián Aneiros(7),Xoán Canedo (9),Xoán Seoane(4), Jairo Candamio(10), Hugo Bermúdez, Teo Gómez, Alexis Martinez (3), Diego Rodriguez(3), Hugo Bregua.
E.M BM.XIRIA 17+15: Desale Lopez (9), Iker Lema, Lucas Mateo(4),Pablo Fraga(6), Rubén Nogareda, Saúl Fuentefria (9),Unia Cotelo (3), Alvaro Cotelo , Daniel Pan .
ÁRBITROS: Jose Henrique Folgoso, Renzo Martin.
INCIDENCIAS: Xornada 5 da liga de Ouro infantil masculina disputado no Pavillón de Vila de Noia en Carballo.
