Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX, CAE EN LUGO NUN FROUXO ENCONTRO

O BM.Culleredo Remax Riazor completou, na matinal deste Sábado, un encontro con demasiados erros nas catro fases do xogo, especialmente no apartado defensivo. O desprazamento a Lugo non resultou frutífero e os cullerdenses vólvense sen premio despois dese 34-30 final. Pouco balonmán víuse no 40x20 da Casa Do Deporte de Lugo, onde ambos os conxuntos sumaron numerosos erros  e as defensas facilitaron moito o labor individual dos atacantes, brillando pola súa ausencia o xogo colectivo. As situacións de ataque resolvíanse en maior medida a través de accións de 1x1, facilitadas en moitos dos casos polo baixo nivel Tec-Tac defensivo.

Os de Culleredo comezaban o encontro mandando por 1-4, pero os locais sumaban un 2-0 de parcial para apertar o marcador nun abrir e cerrar de ollos. A partir deste momento, as diferenzas serían mínimas e os éxitos ante a portería rival oscilaban cara a un ou outro lado en función dos desacertos do rival máis que dos acertos propios. O BM.Culleredo Remax, pecaba no seu ataque de abusar das traxectorias ao centro, cerrando os espazos e, por conseguinte, facilitando a densidade defensiva en zona de balón. Os cullerdenses mostrábanse moi estáticos e no posicional evidenciábanse moitas dúbidas. O equipo non alcanzaba a dar sentido ao xogo, a poñer de manifesto o modelo de cruces ante sistema cerrado ou de transformacións ante a maior profundidade defensiva e isto provocaba moitas irregularidades, alternando algunha acción exitosa con outros erros de vulto. Non estaba a conseguir un mellor nivel o rival e por iso, o 17-16 ao descanso deixaba todo por decidir na segunda parte.

Coa baixa de Iago Vázquez por molestias iniciábase o segundo acto, onde ao pouco do comenzo, o BM.Culleredo Remax conseguiría adiantarse no electrónico (18-19). Foi un espellismo momentaneo, xa que de novo, o mal posicionamenteo defensivo e a falta de contundencia no 1x1, ofrecían demasiadas facilidades ao ataque local, que neste tipo de situacións conseguían tomar de novo a dianteira no partido e ampliar a vantaxe ata os catro goles de diferenza, que ao cabo serían definitivos (34-30).

Polo BM.Culleredo Remax Riazor xogaron:

Rubén Gantes e Adrián López como porteiros, Fabián Manzo (1), Bruno Pardo (3), Nico Arias, Lucas López (1), Jorge Outón (6), Iago Vázquez (2), Iago Allegue (2), Pablo Ares (5), Álvaro Siso (3), Mario Sánchez, Diego Piñeiro (5), Bieito Muiña (2).

Parciais cada 5´: 1-4 / 5-6 / 8-6 / 11-10 / 14-13 / 17-16 / Descanso / 20-20 / 23-21 / 26-24 / 28-25 / 33-29 / 34-30 / Final.

Colexiados: Nicolás Nuñez e José López.

Incidencias: Partido correspondente a xornada nº 5 da liga Prata en categoría cadete masculino. O encontro foi dispuitado na Casa Do Deporte de Lugo ante un centenar de persoas, algunhas delas, achegadas dende Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *