
Tralo parón de seleccións galegas toca retomalas competicións, nunha xornada na que competirán todos os equipos do clube a excepción do senior. Haberá partidos do máis alto nivel, destacando o cadete masculino de Liga Ouro que enfrontará aos nosos rapaces ao Xiria, sen dúbida un dos mellores partidos que se poidan ver nesta categoría.
(IF) BM ABEGONDO VS BM CULLEREDO SUTENOR
As nosas rapazas desprazaranse este domingo a Abegondo para afrontar unha complicada xornada de liga fronte ao sólido equipo do Bm Abegondo. Tralas boas sensacións dos últimos partidos chegarán as nosas con seguridade e dispostas a pelexar por poder sumar 2 puntos máis ao casilleiro.
(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS JAVUCHO PUBLICIDADE BM CASELAS
As nosas infantís do Abogacía Canosa buscan en Almeiras fronte ao Caselas a segunda vitoria de liga.
O Caselas non puntuou aínda polo que para elas tamén é unha oportunidade para conseguir sumar os primeiros dous puntos.
(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS OAR CORUÑA 1952
De novo xornada moi complicada para os nosos rapaces do Climanosa, que na mañá do sábado deberán enfrontarse ao difícil OAR. Tralo intenso partido da xornada anterior, tocará volver a dalo 100% nesta xornada para evitar que o OAR poida levarse os 2 puntos de Almeiras no que posiblemente sexa o mellor partido desta xornada da Liga Prata infantil masculina!
(IM) GARAYSA XIRIA VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA
Derbi provincial moi emocionante, os nosos infantís do Nosolomadera visitan aos infantís do Xiria de Carballo.
Dous equipos que xa se enfrontaron no Play Off, donde os cullerdenses se levaron a vitoria, pero despois de 2 meses prométese outro partido diferente.
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS ASMUBAL MEAÑO
O Pavillón Municipal albergará o encontro do Fisioterapia Benestar o sábado ás 17:00.
O Meaño, un rival directo, tan só unha posición por debaixo das cullerdenses, virá con ganas de obter unha vitoria e rompela racha das da casa.
(CM) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR
Os cadetes do Remax Riazor visitan ao Lucense, un equipo moi difícil de dobregar na súa casa. Para iso, o Remax Riazor, está a entrenar moi duro e así poder conseguir os dous puntos.
(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS BM CAMARIÑAS
Quinta xornada de liga prata para este grupo cadete que segue a buscar a súa millor versión e o seu millor xogo. Partido sempre complicado ante un club histórico como o Camariñas no que nos nosos intentarán deixar os dous puntos en Almeiras.
(CM) GRUPO LEMACO XIRIA “A” VS BM.CULLEREDO SWEEPEND
O vindeiro domingo día 27, terá lugar en Carballo un dos mellores partidos que se poderán ver nesta competición 2022-23 na liga Ouro cadete masculino. O Grupo lemaco Xiria A e o BM.Culleredo Sweepend, veranse as caras no que será o enfrontamento entre dous grandes candidatos ao título ligueiro, invictos ata o momento. Os pequenos matices serán os que desequilibren un encontro que se prevé igualado entre dous plantéis potentes e con infinidade de recursos en todos os postos. Sen dúbida, unha gran festa do balonmán galego nesta categoría e dous equipos norteños que aglutinan nas súas filas o groso da selección autonómica que representará a Galicia no próximo CESA.
(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS ASMUBAL MEAÑO
Logo da victoria da pasada fin de semana, o equipo xuvenil femenino do Balonmán Culleredo Baía Edicións volve ó terreo de xogo.
Veranse as caras co Meaño o sábado as 19:00 no Pavillón Municipal de Almeiras.
(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS BM LÍNEA 21 A21C CELULOSAS
Séptima xornada de liga prata para os nosos xuvenís que reciben ao linea21 de novo Mesoiro. Partido que amosa ser duro e intenso xa que este grupo ven de gañar ao Xiria, no cal, os nosos tentarán seguir líderes invictos e conseguir que eses dous puntos queden na casa.
(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS ALS XIRIA “A”
Xornada importante para o noso xuvenil masculino de Liga Ouro, na que corresponde recibir ao equipo carballés do ALS Xiria, que se encontra na actualidade en terceira posición da clasificación cunha única derrota no seu casilleiro.
Os nosos están facendo un inicio de liga no que xa demostraron que poden xogar a bo nivel e tratar sen complexos a calquera equipo da liga, pero quédanos pendente a tarefa de poder manter ese bo nivel durante toda a duración do encontro, para poder certificar con puntos algunha das actuacións que polo de agora están a quedar sen premio.
