Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es non logra puntuar en Cangas

Sabíase que era unha xornada dificil para o noso xuvenil de Liga Ouro, pero os nosos rapaces viaxaron ata o Pavillón do Gatañal decididos a conseguir voltar con premio.

No inicio do partido, foi o noso equipo o que empezou collendo o mando, dando a sensación de ter claro o plan do partido, e sendo quen de seguilo para atacar as debilidades do rival. Pero aínda que as sensacións eran boas, mediada a primeira parte o Luceros conseguía por primeira vez poñerse un tanto por riba dos nosos. O Xogo transcorría cun alto ritmo e cos dous equipos mellor asentados en defensa que en ataque, alternado o mando no marcador. Precisamente no ataque foi onde comezaron a aparecer os problemas para os cullerdenses, xa que os erros, que se traducían en perdas de balón, lastraban o xogo dos nosos. A pesar de pasar toda a primeira parte con moita igualdade, un par de erros consecutivos nos últimos minutos permitían aos locais marchar ao descanso con vantaxe de tres tantos (12-15), que semellaba excesiva para o visto no campo.

Na reanudación, os nosos intentaron reengancharse por todos os medios, e aínda que en moitos momentos o xogo desenvolvido polo Culle demostraba estar sobradamente a altura, é certo tamén que os erros que se seguían cometendo en ataque impedían recortar a diferencia no marcador.

Na última fase do partido, e xa á desesperada, o noso equipo adiantou a defensa para intentar provocar recuperacións de balóns, pero sen conseguir tampouco desta maneira reducir a desvantaxe. Deste xeito, o marcador final reflectía un 30-23 que establecía un castigo excesivo para os nosos segundo o visto no campo.

En definitiva, temos que quedar coas fases de bo xogo, que nos confirman que podemos estar á altura dos mellores desta liga, pero quédanos pendente a tarefa de non arruinar o noso traballo por erros propios. Pero iso xa será nos vindeiros partidos.

Buenas Migas Luceros 30 (15+15): Alexandre Gallego (6), Manuel Magdaleno (7), Breixo Núñez (4), Carlos Menduiña (1), Mateo Pallas (1), Mauro Sotelo (2), Pablo Hernández (2), Eloy Pérez (2), Roberto Castro (3), Nicolás Millán, Rodrigo Caamaño e Eloy Domínguez (2).

Culleredo despreocupate.es 23 (12+11): Juan Manuel Pérez, Lucas Sánchez, Marcos Regueiro, José Miguel Fiuza (2), Shaiel Costa, Iván Sánchez, Teo Calvo (1), Samuel Seijas (1), Daniel González, David Martínez (1), Nuno Loxo (11), Pablo Fariña, Iago Bescansa (1) e Senén Garea (5).

Parciais cada cinco minutos: 1-3 / 5-5 / 8-7 / 9-10 / 12-13 / 12-15 (D) / 18-14 / 19-16 / 23-18 / 25-20 / 26-21 / 30-23.

Árbitros: Sergio Murillo e Rubén Iglesias.

Incidencias: partido correspondente á 6ª xornada da Liga Ouro xuvenil masculina disputado no Pavillón do Gatañal, en Cangas.

Vídeo do partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *