Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND, VENCE CON SOLVENCIA AO FOOTPLUS CARBALLAL PARA CONTINUAR NO MÁIS ALTO DA CLASIFICACIÓN

Vitoria solvente dun BM.Culleredo Sweepend que non deu opción ao seu rival e que dominou o envite dende os primeiros compases, baseando o triunfo nun alto ritmo de xogo e unha defensa 6:0 que estivo a un nivel notable. A retagarda foi vital para que os cullerdenses sumasen dous novos puntos e desta forma se consoliden no máis alto da táboa despois de catro xornadas disputadas. Comenzou o encontro e o Footplus Carballal non daba coa tecla para desarbolar o sistema defensivo dos de Culleredo e de aí o 5-0 de parcial inicial que obrigaba ao técnico olívico a solicitar o seu primeiro tempo morto. A pesares do intento do entrenador visitante de revertir a situación, os de Culleredo continuaban firmes en todas as fases do xogo e xa dominaban con moita claridade o marcador con un 14-4 no meridiano. O resultado de 9-21 ao descanso, deixaba o partido virtualmente visto para sentenza.
No segundo acto non houbo sorpresas, o ritmo baixaría debido a amplitude do resultado que non daba opcións ao conxunto olívico e o BM.Culleredo exercía o control do envite, ampliando a vantaxe co paso dos minutos para conseguir o seu cuarto triunfo noutras tantas xornadas de liga.

BM. Culleredo Sweepend: 42 (21+21). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello (4), Aarón Blanco (1), Hugo Rodríguez (3), Jorge Outón (1), Roi Fdez (4), Jaime Serrano (2), Adrián Veira (4), Iván Sánchez (6), Antón Pérez (1), Samuel Seijas (3), Josemi Martínez (5), Nicolás Casal (1), Alejo Martínez (7).

Footplus Carballal: 2(9+13). Hugo Carreira, Adrián González, Nicolás Vila (1), Manuel García, Xoel Malfaz (1), Laro García, Anxo Barciela (4), Iago Castro (2), Carlos Barciela, Bruno Pérez (1), Xavier Barreiro, Yago López (12), Xurxo Otero, Blas Silva (1).

Parciais cada 5´: 5-0 / 10-2 / 14-4 / 17-7 / 19-8 / 21-9 / Descanso / 22-12 / 27-12 / 32-14 / 36-15 / 39-19 / 42-22 / Final.

Colexiados: Raquel Martínez e Uxía Mariño. Sen complicacións.

Incidencias: 4º encontro da Liga Ouro na categoría cadete masculino. Partido disputado no Pavillón de Almeiras con moito público nas bancadas, tanto siareiros locales como desprazados dende Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *